Composición
Nome | Cargo |
---|---|
María Mercedes Soto González | Presidenta |
Mª del Rocío Abalo Núñez | Secretaria |
Mª Lourdes Maceiras García | Membro do PDI |
Iria Da Cuña Carrera | Membro do PDI |
Sofía Fernández Cabo | Membro do estudantado |
Julieta Ruibal Otero | Membro do estudantado |
Marina Núñez Ocampo | Membro do PAS |
Funcións
Son funcións da Comisión de Actividades Culturais e Profesionais:
- Promoción da titulación nos ámbitos da súa influencia a través de actividades académicas, culturais e/ou recreativas.
- Coordinación e organización de cursos de actualización e especialización profesional, actividades culturais e recreativas, que poderán ter lugar en colaboración con outras entidades, establecendo os aspectos económicos de acordo cos Estatutos da Universidade.
- Procurar que, nas actividades organizadas polo centro, e respectando a normativa vixente, se establezan tarifas reducidas para alumnos/as e persoal do centro ou da Universidade.
- Busca de fontes de financiamento de proxectos e, en particular, doazóns de equipamento e material científico e técnico por parte de organismos e institucións oficiais ou privadas.
- Calquera outra función que, relacionada con actividades culturais e profesionais, lle asigne a Xunta de Facultade.
Na Xunta Ordinaria da Comisión de Actividades Culturais e Profesionais do 8 de novembro de 2016 aprobáronse os documentos a presentar para a realización de actividades culturais e/ou profesionais: para a súa solicitude presentarase un proxecto da actividade e, unha vez realizada, unha memoria sobre a mesma.
Proxecto da actividade a realizar
Memoria da actividade realizada
Acordos
22/03/2023 | 27/09/2022 | 28/03/2022 | 07/10/2021 | 24/02/2021 | 01/12/2020 | 17/10/2019 | 04/04/2019 | 20/11/2018 | 16/10/2018 | 02/10/2017 | 08/11/2016