A Comisión Ambiental creouse en decembro de 2014, cando a Vicerrectoría do Campus de Pontevedra solicitou a súa constitución por mor dos compromisos asumidos pola Universidade de Vigo dirixidos a crear estruturas de participación en materias medioambientais en cada Centro.

Solicitude da Vicerreitoría

Composición

NOME CARGO
Mª del Rocío Abalo Núñez Presidenta (por delegación)
Mª Lourdes Maceiras García Secretaría
Dionisio García Pomar Representante do PDI
José Vicente Novegil Souto Representante do PDI
Leticia Fernández Barbosa Representantes do Alumnado
Marina Núñez Ocampo Representante do PAS

 

Funcións

Os seus obxectivos son os do programa Green Campus:

  • Aplicar de forma progresiva unha adaptación da metodoloxía do programa Eco-escolas ao ámbito universitario.
  • Articular o compromiso adquirido pola universidade en favor dun desenvolvemento máis sustentable e equitativo.
  • Dar valor engadido ao que xa se está facendo, proporcionando un recoñecemento e un estímulo para continuar facéndoo e ser un exemplo ante terceiros/as.
  • Implicar a comunidade universitaria na mellora ambiental do campus ou da facultade que participa no programa.
  • Traballar en rede con distintas universidades, tanto nacionais como internacionais.

Entre as accións para levar a cabo na facultade, dentro do compromiso adquirido co Programa Green Campus, están os compromisos eco-docentes e eco-estudantes.

Compromisos eco-docentes
Compromisos eco-estudantes

 

Mobilidade verde: utiliza o transporte público, a bicicleta e/ou camiña

Estación de Autobuses
986 852 408

Estación de Tren
986 851 313

 

Áreas temáticas de traballo

  • Optimización do consumo de auga e enerxía.
  • Redución da xeración de residuos e mellora da recollida selectiva.
  • Tratamento e xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e residuos de pilas e acumuladores (RPA).
  • Contaminación atmosférica, acústica e lumínica.
  • Mobilidade sustentable.
  • Alimentación saudable.
  • Biodiversidade.
  • Compra verde, comercio xusto e consumo responsable.
  • Participación, sensibilización e voluntariado ambiental.
  • Ambientalización curricular das distintas áreas de docencia e investigación.
  • Política de sustentabilidade.

 

Converxencias

O programa Green Campus entronca, e nalgúns dos seus aspectos moi claramente, co programa Universidades Saudables.

A Rede Española de Universidades Saudables (REUS) constituíuse o 22 de setembro de 2008 co obxectivo de reforzar o papel das universidades como entidades promotoras da saúde e o benestar dos seus estudantes, o seu persoal, e da sociedade no seu conxunto, liderando e apoiando procesos de cambio social, porque hai que crear contornas que apoien a saúde.

As contornas ou escenarios son os lugares e contextos sociais onde as persoas desenvolven actividades diarias e nas que interactúan factores ambientais, organizativos e persoais que afectan á saúde e ao benestar de quen vive, traballa, aprende… alí.

Na nosa teima por facer da nosa universidade un lugar promotor da saúde, achegamos dous documentos: un de hábitos cotiáns saudables e un receitario saudable.

Rede Española de Universidades Saudables (REUS)
Rede Española de Universidades Saudables (REUS) – Ministerio
Universidades Saudables – OMS
Universidades Saudables – OPS

REUS – Receitas saudables
UNIZAR Saudable

 

Actas

23/03/2015 | 23/06/2016 | 08/11/2016 | 05/07/2017 | 24/11/2017 | 18/06/2018 | 24/09/2018 | 02/10/2019

Acordos

23/06/2016 | 08/11/2016 | 05/07/2017 | 24/11/2017 | 18/06/2018 | 24/09/2018 | 02/10/201916/10/2020

 

Enlaces de interese

PROGRAMA GREEN CAMPUS – Universidade de Vigo
Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC)