A oferta de prazas para a realización do curso de adaptación ao grao, relacionada no cadro 2 do anexo IV, vai dirixida a quen estea en posesión da titulación universitaria oficial de ciclo curto requirida para cada caso, correspondente ao anterior sistema de ordenación das ensinanzas universitarias. Nese mesmo anexo indícanse as direccións de Internet de cada centro de estudos para consultar a información relativa ao curso, a forma e o modelo de solicitude a presentar e se existen ou non criterios de selección.
As solicitudes (modelo A.2.7 do anexo V) presentaranse nas datas establecidas no apartado P.3 do anexo I, xunto coa documentación indicada no apartado D.4 do anexo II, polos medios relacionados no apartado L.2 do anexo III. Quen non aporte a documentación nese momento terá 3 días, contados a partir do seguinte ao do remate do mesmo, para incorporala, sendo suficiente notificación para estes efectos a información que figura nesta convocatoria sobre a documentación a presentar. Quen finalmente non presente a documentación no prazo indicado será excluído do proceso de admisión.
Cada centro de estudos constituirá unha comisión de valoración das solicitudes admitidas a trámite que estará integrada como mínimo por un presidente, tres vogais (dous membros do profesorado e un membro do persoal de administración e servizos) e un secretario. Os centros que o consideren oportuno poderán determinar que sexa a súa comisión de recoñecementos e validacións quen asuma este procedemento.
Curso académico 2020/2021
Convocatoria de matrícula 2020/2021
MODELO A.2.7: Solicitude de admisión
Criterios de selección do centro
Calendario de admisión 2020/2021
Proceso | Data |
---|---|
Prazo de presentación de solicitudes: | do 1 ao 12 de xuño |
Listaxe provisoria de solicitudes admitidas: Ver listado |
17 de xuño |
Reclamacións: | do 18 ao 22 de xuño |
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas: Ver listado |
26 de xuño |
Listaxe provisoria de persoas admitidas: Ver listado |
30 de xuño |
Reclamacións: | do 1 ao 2 de xullo |
Listaxe definitiva de persoas admitidas: Ver listado |
6 de xullo |
Matrícula
Período ordinario de matrícula: do 31 de agosto ao 15 de setembro de 2020
No caso de que nun curso ponte non se matriculen todas as persoas admitidas, establecerase a posibilidade de efectuar chamamentos de matrícula cada 3 días cando existan listaxes de agarda a fin de que non queden prazas vacantes.