Son aquelas que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación e que, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plano de estudos.
O estudantado interesado en facer prácticas académicas extracurriculares debe presentar a debida solicitude dirixida á Coordinación de Prácticas Externas dentro dos prazos publicados para cada curso académico.
Prazos de solicitude – Curso 2023/2024:
- Do 6 ao 12 de novembro de 2023
- Do 5 ao 11 de febreiro de 2024
- Do 1 ao 7 de abril de 2024 (despois de semana santa)
- Do 17 ao 23 de xuño de 2024 (soamente para o estudantado de 2º curso que supere 120 ECTS)
É importante que, previo a presentación da solicitude na facultade, o estudantado debe contactar co centro no cal ten interese en facer as prácticas, ademais de co/a fisioterapeuta que actuará como titor de empresa para dita práctica. O alumno debe chegar a un acordo co centro e co/a fisioterapeuta en relación ao período e horario nos que terán lugar a práctica. Na solicitude a presentar, o alumno debe incluír, ademais, os datos referentes ao titor académico que xestionará a práctica, normalmente un profesor da facultade.
Naqueles casos onde o estudantado queira facer as prácticas nun centro o cal non está conveniado, débese tramitar, por parte da dirección da facultade, a posibilidade de establecerse ou non dito convenio, para o cal se xera un informe correspondente. Neses casos, sendo o alumno coñecedor de que o centro non está conveniado, é importante que o tempo transcorrido entre a presentación da documentación e o inicio efecto das prácticas sexa o axeitado para facilitar a posibilidade de tramitación do convenio.
Documentación asociada
Impreso de solicitude de prácticas externas extracurriculares
Centros conveniados para prácticas externas extracurriculares
Centros interesados en prácticas externas extracurriculares
Formularios