A Comisión Ambiental creouse en decembro de 2014, cando a Vicerrectoría do Campus de Pontevedra solicitou a súa constitución por mor dos compromisos asumidos pola Universidade de Vigo dirixidos a crear estruturas de participación en materias medioambientais en cada Centro.
Composición
NOME | CARGO |
---|---|
Mª del Rocío Abalo Núñez | Presidenta (por delegación) |
Mª Lourdes Maceiras García | Secretaría |
Dionisio García Pomar | Representante do PDI |
Iria Da Cuña Carrera | Representante do PDI |
Sofía Fernández Cabo | Representante do Alumnado |
Andrea Serantes Otero | Representante do Alumnado |
Marina Núñez Ocampo | Representante do PAS |
Funcións
Os seus obxectivos son os do programa Green Campus:
- Aplicar de forma progresiva unha adaptación da metodoloxía do programa Eco-escolas ao ámbito universitario.
- Articular o compromiso adquirido pola universidade en favor dun desenvolvemento máis sustentable e equitativo.
- Dar valor engadido ao que xa se está facendo, proporcionando un recoñecemento e un estímulo para continuar facéndoo e ser un exemplo ante terceiros/as.
- Implicar a comunidade universitaria na mellora ambiental do campus ou da facultade que participa no programa.
- Traballar en rede con distintas universidades, tanto nacionais como internacionais.
Entre as accións para levar a cabo na facultade, dentro do compromiso adquirido co Programa Green Campus, están os compromisos eco-docentes e eco-estudantes.
Mobilidade verde: utiliza o transporte público, a bicicleta e/ou camiña
Estación de Autobuses
986 852 408
Estación de Tren
986 851 313
Áreas temáticas de traballo
- Optimización do consumo de auga e enerxía.
- Redución da xeración de residuos e mellora da recollida selectiva.
- Tratamento e xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e residuos de pilas e acumuladores (RPA).
- Contaminación atmosférica, acústica e lumínica.
- Mobilidade sustentable.
- Alimentación saudable.
- Biodiversidade.
- Compra verde, comercio xusto e consumo responsable.
- Participación, sensibilización e voluntariado ambiental.
- Ambientalización curricular das distintas áreas de docencia e investigación.
- Política de sustentabilidade.
Converxencias
O programa Green Campus entronca, e nalgúns dos seus aspectos moi claramente, co programa Universidades Saudables.
A Rede Española de Universidades Saudables (REUS) constituíuse o 22 de setembro de 2008 co obxectivo de reforzar o papel das universidades como entidades promotoras da saúde e o benestar dos seus estudantes, o seu persoal, e da sociedade no seu conxunto, liderando e apoiando procesos de cambio social, porque hai que crear contornas que apoien a saúde.
As contornas ou escenarios son os lugares e contextos sociais onde as persoas desenvolven actividades diarias e nas que interactúan factores ambientais, organizativos e persoais que afectan á saúde e ao benestar de quen vive, traballa, aprende… alí.
Na nosa teima por facer da nosa universidade un lugar promotor da saúde, achegamos dous documentos: un de hábitos cotiáns saudables e un receitario saudable.
Rede Española de Universidades Saudables (REUS)
Rede Española de Universidades Saudables (REUS) – Ministerio
Universidades Saudables – OMS
Universidades Saudables – OPS
REUS – Receitas saudables
UNIZAR Saudable
Acordos
23/06/2016 | 08/11/2016 | 05/07/2017 | 24/11/2017 | 18/06/2018 | 24/09/2018 | 02/10/2019 | 16/10/2020 | 14/10/2021 | 16/03/2022 | 19/05/2023
Enlaces de interese
PROGRAMA GREEN CAMPUS – Universidade de Vigo
Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC)