Conde Vázquez

Profesor/a asociado/a

Área de Fisioterapia
Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Información de contacto

Facultade de Fisioterapia
A Xunqueira, s/n
36005 Pontevedra

+34 986 801 774
orlando.conde@uvigo.gal

Breve CV

O Dr. Orlando Conde Vázquez é diplomado en Fisioterapia pola Universidade da Coruña, finalizando os seus estudios no ano 2000. A continuación, cursou un Máster en Xerontoloxía Clínica/Social pola Universidade de Santiago de Compostela, doctorándose na mesma Universidade no ano 2020. Fóra do ámbito universitario está formado en Osteopatía, no estudio da postura humana e a intervención manual na mesma. Traballou como fisioterapeuta na abordaxe clínica das patoloxías do aparello locomotor os últimos 20 anos, tanto no ámbito privado como no exercicio libre da profesión. Tamén desenvolveu unha faceta investigadora, interesándose nas probas clínicas en relación coa palpación do tono muscular en nenos/as. A partir de aí, presentou comunicacións en congresos Internacionais, e publicou en revistas de Q1, Q2 y Q3 segundo o JCR, e en revistas que cumprían 30 requisitos según o LATINDEX. Contribuíu co deseño dun sinxelo dispositivo para medición goniométrica cervical usando smartphones, con número de patente nacional ES 1250509 U. Colaborador como tutor de prácticas da Escola Universitaria de Fisioterapia da Universidade de León durante o ano académico 2008/09, e profesor do grado en Fisioterapia na UVigo. Actualmente, dirixe e organiza un proxecto de estudio privado abordando a relación entre o rango de movemento cervical activo e o sistema estomatognático, aprobado polo Comité de Ética da Investigación con código de rexistro 2019/539 da Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia. (ORCID 0000-0001- 8862-2215).

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Grao en Fisioterapia

P05G171V01108 | Valoración en fisioterapia

Investigación