Facultade de Fisioterapia

Calidade

A aposta pola calidade e mellora continua é o eixo fundamental deste Centro co obxetivo de ser un referente non so no ámbito académico.

A continuación destacamos os principais feitos que poñen de manifesto o compromiso coa calidade:

Participación da titulación de Diplomado en Fisioterapia no II Plan Nacional de Avaliación da Calidade das Universidades (PNECU) no ano 2002, unha vez realizado o autoinforme de avaliación y trala visita, o Comité de Avaliadores Externo emitiu un informe onde consideran que a valoración global da titulación é altamente positiva, recomendando algunhas accións de mellora que deberán levarse a cabo.

Proxecto Piloto de Adaptación o EEES no curso 2005/2006, ante o reto de incorporarse de xeito inmediato no novo marco académico do EEES con garantías de éxito, púxose en marcha o Plan Piloto de Adaptación o EEES establecendo uns obxectivos que permitan avanzar ata unha mellora continua.

Deseño do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Facultade de Fisioterapia (SGIC), solicitouse participar na convocatoria da ACSUG para establecer un SGIC dentro do Programa FIDES/AUDIT. Creouse a Comisión de Garantía Interna de Calidade do Centro, a cal en colaboración coa Área de Calidade da Universidade realizou unha proposta do Manual de Calidade e dous procedementos estratéxicos, clave, de apoio e medición que foron aprobados no ano 2008, sendo presentados a ACSUG para a súa avaliación.

No curso 2009-2010 implántanse os estudos de grao en bloque para satisfacer a demanda dos alumnos dos estudos da Diplomatura en Fisioterapia, así mesmo ponse en marcha un Curso de Adaptación ao Grao para dar resposta a demanda dos Diplomados en Fisioterapia.

No presente curso 2016-2017, o Título de Grao en Fisioterapia participará no proceso de renovación da acreditación do título.