Fisioterapia e a EE Forestal despiden as súas novas promocións

41 novos e novas fisioterapeutas e 34 novas e novos enxeñeiros forestais formados no campus festexaron na tarde do venres o remate dunha etapa académica nos actos de graduación da Facultade de Fisioterapia e da Escola de Enxeñaría Forestal, centrou que conmemorou tamén o 25 aniversario da súa primeira promoción. Neste venres de despedidas, tamén a Escola Universitaria de Enfermaría, centro adscrito á Universidade de Vigo, celebrou a graduación das e os 44 integrantes da súa sexta promoción.

Décima promoción de graduados en Fisioterapia

Na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación celebraron o venres o remate dos seus estudos as e os 41 integrantes da décima promoción de graduados e graduadas en Fisioterapia, que tiveron como madriña e padriño académicos aos docentes Iria da Cuña e José Manuel Pazos. Ademais das súas bandas e diplomas, os novos e novas tituladas recibiron tamén neste acto o recoñecemento do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; do comisionado de Novos Proxectos da Universidade de Vigo, Óscar Rubiños, e da decana, Eva María Lantarón.

Ler a noticia completa no DUVI