Rodríguez Fuentes

Profesor/a titular de universidade

Área de Fisioterapia
Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Información de contacto

Facultade de Fisioterapia
Despacho 10
A Xunqueira, s/n
36005 Pontevedra

+34 986 801 766
gfuentes@uvigo.gal

Breve CV

Gustavo Rodríguez (Zurich, Suíza, 1968) é Diplomado en Fisioterapia (1994) e Doutor en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña (2009), sendo profesor da Universidade de Vigo desde 1997. A súa produción científica abrangue a publicación de 30 artigos científicos (7 incluídos no JCR), numerosas comunicacións a congresos nacionais e internacionais (con distincións á comunicación presentada en dous deles), e a participación en catro proxectos de investigación (1 europeo e 3 autonómicos), ademais de ser o investigador principal dun proxecto de innovación educativa. Nestes momentos está a dirixir unha tese de doutoramento. Ademais, ocupou diversos cargos na xestión universitaria e foi Vogal da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), órgano superior de avaliación da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) desde agosto de 2009 a decembro de 2015.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Fisioterapia

P05G171V01204 | Fisioterapia xeral I
P05G171V01305 | Pilates aplicado en fisioterapia

Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia

P05M191V01108 | Exercicio terapéutico en persoas maiores

2º cuadrimestre

Grao en Fisioterapia

P05G171V01205 | Fisioterapia Xeral II

Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia

P05M191V01203 | Pilates terapéutico (coordinador/a)

Investigación

Grupo de investigación

HealthyFit

Liñas de investigación

  • Uso da Fisioterapia e do método Pilates como medida terapéutica
  • Prevención e promoción da saúde desde a Fisioterapia e o método Pilates
  • Actividade física, saúde e terceira idade