As prácticas externas constitúen unha actividade de natureza formativa levada a cabo polos estudantes universitarios e supervisada polas Universidades co obxectivo principal de completar e aplicar, nun ámbito profesional, competencias e coñecementos adquiridos nos seus estudos.
As prácticas externas poden realizarse en entidades colaboradoras, tales como empresas, institucións e entidades públicas ou privadas, no ámbito nacional ou internacional.
As Prácticas Externas poden adoptar dúas modalidades:
Prácticas externas curriculares
Son aquelas que se configuran como actividades académicas integradas como materias dun plano de estudos, tal é o caso da materia Estancias Clínicas que conta cunha carga docente de 42 créditos anuais que se imparte en 4º curso. Nesta materia os alumnos para alcanzar as competencias deben realizar o Prácticum clínico, sesións clínicas, Portafolio e Seminarios. Para isto, cóntase cunha serie de Centros conveniados e con un total de 30 profesores/titores para o desenvolvemento do Practicum Clínico, e profesores para os Seminarios e sesións clínicas, así como con dous Coordinadores. Para unha adecuada xestión das Estancias Clínicas o Centro a través do “Sistema de Garantía Interna de Calidad” conta cun “Procedemento de xestión das Prácticas Externas”
Prácticas externas extracurriculares
Son aquelas que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación e que, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plano de estudos.