Competencia Básica 1 (CB1):
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se sole atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Competencia Básica 2 (CB2):
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Competencia Básica 3 (CB3):
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencia Básica 4 (CB4):
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencia Básica 5 (CB5):
Que o estudantado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencia Xeral 1 (CX1):
Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
Competencia Xeral 2 (CX2):
Incorporar os principios éticos e legais da profesión á práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións.
Competencia Xeral 3 (CX3):
Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
Competencia Xeral 4 (CX4):
Adquirir formación científica básica en investigación.
Competencia Xeral 5 (CX5):
Ser capaz de presentar e defender diante do Tribunal universitario dun proxecto de fin de grao, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas.
Competencia Específica 1 (CE1):
Coñecer os principios e teorías dos axentes físicos e as súas aplicacións en fisioterapia.
Competencia Específica 2 (CE2):
Comprender os principios da biomecánica e a electrofisioloxía, e as súas principais aplicacións no ámbito da fisioterapia.
Competencia Específica 3 (CE3):
Identificar os factores psicolóxicos e sociais que inflúen no estado de saúde ou enfermidade das persoas, familias e comunidade.
Competencia Específica 4 (CE4):
Coñecer e desenvolver a teoría da comunicación e as habilidades interpersoais.
Competencia Específica 5 (CE5):
Comprender as teorías da aprendizaxe para aplicar na educación para a saúde e no propio proceso de aprendizaxe ao longo de toda a vida. Comprender os aspectos psicolóxicos na relación fisioterapeuta-paciente. Identificar os factores que interveñen no traballo en equipo e en situacións de liderado.
Competencia Específica 6 (CE6):
Identificar as estruturas anatómicas como base de coñecemento para establecer relacións dinámicamente coa organización funcional.
Competencia Específica 7 (CE7):
Coñecer os cambios fisiolóxicos e estruturais que se poden producir como consecuencia da aplicación da fisioterapia.
Competencia Específica 8 (CE8):
Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado.
Competencia Específica 9 (CE9):
Coñecer a fisiopatoloxía das enfermidades identificando as manifestacións que aparecen ao longo do proceso, así como os tratamentos médico-cirúrxicos, fundamentalmente nos seus aspectos fisioterapéuticos e ortopédicos. Identificar os cambios producidos como consecuencia da intervención da fisioterapia. Fomentar a participación do usuario e familia no seu proceso de recuperación.
Competencia Específica 10 (CE10):
Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar aos estudantes na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia.
Competencia Específica 11 (CE11):
Identificar o concepto, evolución e fundamentos da fisioterapia nos seus aspectos científicos e profesionais. Comprender a teoría xeral do funcionamento, a discapacidade e a saúde e a súa clasificación internacional, así como os modelos de intervención en fisioterapia e a súa práctica asistencial.
Competencia Específica 12 (CE12):
Coñecer e aplicar as bases teóricas e o desenvolvemento dos métodos e procedementos fisioterapéuticos.
Competencia Específica 13 (CE13):
Ter a capacidade de valorar desde a perspectiva da fisioterapia, o estado funcional do paciente/usuario, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais do mesmo.
Competencia Específica 14 (CE14):
Comprender e aplicar os métodos e procedementos manuais e instrumentais de valoración en Fisioterapia e Rehabilitación Física, así como a avaliación científica da súa utilidade e efectividade.
Competencia Específica 15 (CE15):
Comprender os principios ergonómicos e antropométricos.
Competencia Específica 16 (CE16):
Analizar, programar e aplicar o movemento como medida terapéutica, promovendo a participación do paciente/usuario no seu proceso.
Competencia Específica 17 (CE17):
Coñecer, deseñar e aplicar as distintas modalidades e procedementos xerais de intervención en Fisioterapia: Masoterapia, Electroterapia, Magnetoterapia, Hidroterapia, Balneoterapia, Climatoterapia, Talasoterapia, Termoterapia, Crioterapia, Vibroterapia, Fototerapia, Presoterapia, terapias derivadas doutros axentes físicos, así como aspectos fundamentais da Ergoterapia e outras terapias afíns ao ámbito de competencia da fisioterapia.
Competencia Específica 18 (CE18):
Fomentar a participación do usuario e familia no seu proceso de recuperación.
Competencia Específica 19 (CE19):
Comprender e realizar os métodos e técnicas específicos referidos ao aparello locomotor (incluíndo terapias manuais, terapias manipulativas articulares, osteopatía e quiropraxia), aos procesos neurolóxicos, ao aparello respiratorio, ao sistema cardiocirculatorio e ás alteracións da estática e a dinámica. Métodos e técnicas específicas que teñan en conta as implicacións da ortopedia na fisioterapia, técnicas terapéuticas reflexas, así como outros métodos e técnicas alternativas e/ou complementarias cuxa seguridade e eficacia estea demostrada segundo o estado de desenvolvemento da ciencia.
Competencia Específica 20 (CE20):
Identificar o tratamento fisioterapéutico máis apropiado nos diferentes procesos de alteración, prevención e promoción da saúde así como nos procesos de crecemento e desenvolvemento.
Competencia Específica 21 (CE21):
Identificar a situación do paciente/usuario a través dun diagnóstico de coidados de fisioterapia, planificando as intervencións, e avaliando a súa efectividade nunha contorna de traballo cooperativa con outros profesionais en ciencias da saúde.
Competencia Específica 22 (CE22):
Coñecer e aplicar as guías de boa práctica clínica.
Competencia Específica 23 (CE23):
Comprender os conceptos fundamentais da saúde e a función que realiza o fisioterapeuta no sistema sanitario.
Competencia Específica 24 (CE24):
Promover hábitos de vida saudables a través da educación para a saúde.
Competencia Específica 25 (CE25):
Comprender os factores relacionados coa saúde e os problemas relacionados coa fisioterapia nos ámbitos da Atención Primaria, Especializada e da Saúde Laboral.
Competencia Específica 26 (CE26):
Coñecer o Sistema Sanitario Español e os aspectos relacionados coa xestión dos servizos de saúde, fundamentalmente aqueles nos que interveña a fisioterapia.
Competencia Específica 27 (CE27):
Coñecer e analizar os procesos de xestión dun servizo ou unidade de Fisioterapia.
Competencia Específica 28 (CE28):
Coñecer e aplicar os mecanismos de calidade na práctica de fisioterapia, axustándose aos criterios, indicadores e estándares de calidade recoñecidos e validados para o adecuado exercicio profesional.
Competencia Específica 29 (CE29):
Coñecer as bases éticas e xurídicas da profesión nun contexto social cambiante.
Competencia Específica 30 (CE30):
Coñecer os códigos éticos e deontolóxicos profesionais.
Competencia Específica 31 (CE31):
Coñecer a estrutura do corpo humano e identificar elementos estruturais e alteracións da normalidade nos diferentes métodos de análises e diagnóstico a través de imaxe.
Competencia Específica 32 (CE32):
Incorporar a investigación científica e a práctica baseada na evidencia como cultura profesional.
Competencia Específica 33 (CE33):
Integrar todos os coñecementos, habilidades, destrezas, actitudes e valores, adquiridos en todas as materias, desenvolvéndose todas as competencias profesionais e capacitando para unha atención de fisioterapia eficaz coa realización de prácticas preprofesionais en forma de rotatorio clínico independente e cunha avaliación final de competencias nos centros de saúde, hospitais e outros centros asistenciais.
Competencia Específica 34 (CE34):
Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social.
Competencia Específica 35 (CE35):
Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
Competencia Específica 36 (CE36):
Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde.
Competencia Específica 37 (CE37):
Adquirir a experiencia clínica adecuada que proporcione habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; que facilite a incorporación de valores éticos e profesionais; e que desenvolva a capacidade de integración dos coñecementos adquiridos.
Competencia Específica 38 (CE38):
Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde.
Competencia Transversal 1 (CT1):
Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
Competencia Transversal 2 (CT2):
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
Competencia Transversal 3 (CT3):
Recoñecemento á diversidade e a multiculturalidade.
Competencia Transversal 4 (CT4):
Creatividade, espírito emprendedor e adaptación a novas situacións.
Competencia Transversal 5 (CT5):
Desenvolver a capacidade de liderado e organización.
Competencia Transversal 6 (CT6):
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Competencia Transversal 7 (CT7):
Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora.
Competencia Transversal 8 (CT8):
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.