Facultade de Fisioterapia

Curso de adaptación ao Grao

A oferta de prazas para a realización do curso de adaptación ao grao, relacionada no anexo IV, vai dirixida a quen estea en posesión da titulación universitaria oficial de ciclo curto requirida para cada caso, correspondente ao anterior sistema de ordenación das ensinanzas universitarias. Nese mesmo anexo indícanse as direccións de internet de cada centro de estudos para consultar a información relativa ao curso, a forma e o modelo de solicitude a presentar e se existen ou non criterios de selección.

A admisión solicitarase segundo o indicado no anexo IV nas datas establecidas no anexo I e achegarase a documentación indicada no anexo II. Quen non aporte a documentación nese momento terá 3 días, contados a partir do seguinte ao do remate do mesmo, para incorporala, sendo suficiente notificación para estes efectos a información que figura nesta convocatoria sobre a documentación a presentar. Quen finalmente non presente a documentación no prazo indicado será excluído do proceso de admisión.

Cada centro de estudos constituirá unha comisión de valoración das solicitudes admitidas a trámite que estará integrada como mínimo por un presidente, tres vogais (dous membros do profesorado e un membro do persoal de administración e servizos) e un secretario. Os centros que o consideren oportuno poderán determinar que sexa a súa comisión de recoñecementos e validacións quen asuma este procedemento.

Curso 2017-2018



LISTAXES 2º PRAZO

07/08/2017 - Listaxe provisional de solicitudes admitidas
14/08/2017 - Listaxe definitiva de solicitudes admitidas
XX/08/2017 - Listaxe provisional de persoas admitidas
XX/08/2017 - Listaxe definitiva de persoas admitidas



Cursos Anteriores

Persoas admitidas: 2016-2017 | 2015-2016 | 2014-2015 | 2013-2014 | 2012-2013 | 2011-2012 | 2009-2010