Facultade de Fisioterapia

Queixas, suxestións e parabéns

A Facultade de Fisioterapia, tal e como consta en diferentes informes de calidade, tiña o seu procedemento de queixas e suxestións que, na reunión da Comisión de Calidade de 6 de abril de 2015 (acta nº 34), foi modificado polo existente na actualidade, denominado de “xestión de queixas, suxestións e parabéns” (QSP) (MC-02 P1).

De acordo a este procedemento, a súa xestión está centralizada na Unidade de Estudos e Programas da Uvigo e decidindose na Facultade que se centralizase na figura da Coordinadora de Calidade. Ademáis, sinalar que, no seu momento, notificouse a todos os grupos de interese do novo procedemento, pois este sobrepasou o marco da Facultade para converterse nun proceso institucional. Por iso, tamén se fixo un redireccionamento das QSP que poidesen chegar por outras vías distintas ao buzón QSP institucional.