Incorporación de estudantes

Para poder matricularse en primeiro curso por primeira vez en titulacións oficiais hai que ter concedida previamente a admisión. A preinscrición farase polo proceso convocado pola Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG) a través dos procedementos telemáticos establecidos na súa web. O calendario de preinscrición pode consultarse na seguinte ligazón.

Na Universidade de Vigo non existe o trámite de reserva de praza polo que a persoa convocada pola CiUG para matricularse nunha titulación oficial, no momento no que a formalice a través da secretaría virtual, quedará matriculada independentemente de que entregue ou non a documentación necesaria e de que os prezos públicos estean ou non aboados. O feito de non entregar a documentación e/ou non aboar os prezos públicos non implica que a matrícula non estea formalizada nin a anulación automática da mesma.

Curso académico 2024/2025

Estudos de grao

Titulación Prazas Calendario Matrícula
Grao en Fisioterapia 50 Cal. preinscrición
Cal. académico
Automatrícula
Continuación

Convocatoria de matrícula 2024/2025 – estudos de grao

 

Estudos de máster

Titulación Prazas Calendario Matrícula
Máster en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia 20 Cal. preinscrición
Cal. académico
Automatrícula
Continuación

Convocatoria de matrícula 2024/2025 – estudos de posgrao

 

 

Prezos e exencións

Consulta a información económica relacionada coa matrícula, o custo dos estudos, as modalidades de abonamento, os descontos ou as exencións e as axudas do programa propio da UVigo para persoas con dificultades económicas no seguinte enlace: Prezos públicos.