Competencia Básica 1 (CB1):
Que o estudantado haxa demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se sole atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.

Competencia Básica 2 (CB2):
Que o estudantado sepa aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.

Competencia Básica 3 (CB3):
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

Competencia Básica 4 (CB4):
Que o estudantado poda transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

Competencia Básica 5 (CB5):
Que o estudantado haxa desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

Competencia Xeral 1 (CX1):
Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social.

Competencia Xeral 2 (CX2):
Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.

Competencia Xeral 3 (CX3):

Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde.

Competencia Xeral 4 (CX4):
Adquirir a experiencia clínica axeitada que proporcione habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; que facilite a incorporación de valores éticos e profesionais; e que desenvolva a capacidade de integración dos coñecementos adquiridos; de xeito que, ao término dos estudos, o estudantado sepa aplicalos tanto a casos clínicos concretos no medio hospitalario e extrahospitalario, como a actuacións na atención primaria e comunitaria.

Competencia Xeral 5 (CX5):
Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais.

Competencia Xeral 6 (CX6):
Valoración diagnóstica de cuidados de fisioterapia según as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente.

Competencia Xeral 7 (CX7):
Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia.

Competencia Xeral 8 (CX8):
Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario.

Competencia Xeral 9 (CX9):
Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados.

Competencia Xeral 10 (CX10):
Elaborar o informe de alta dos cuidados de fisioterapia unha vez cubertos os obxectivos propostos.

Competencia Xeral 11 (CX11):
Proporcionar unha atención de fisioterapia eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes.

Competencia Xeral 12 (CX12):
Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde.

Competencia Xeral 13 (CX13):
Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que se estructuran de xeito uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demáis persoal das organizacións asistenciais.

Competencia Xeral 14 (CX14):
Incorporar os principios éticos e legais da profesión á práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións.

Competencia Xeral 15 (CX15):
Participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia baseada na evidencia científica, fomentando actividades profesionais que dinamicen a investigación en fisioterapia.

Competencia Xeral 16 (CX16):
Levar a cabo as intervencións fisioterapéuticas baseándose na atención integral da saúde que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.

Competencia Xeral 17 (CX17):
Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta.

Competencia Xeral 18 (CX18):
Adquirir habilidades de xestión clínica que inclúan o uso eficiente dos recursos sanitarios e desenvolver actividades de planificación, xestión e control nas unidades asistenciais onde se preste atención en fisioterapia e a súa relación con outros servizos sanitarios.

Competencia Xeral 19 (CX19):
Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.

Competencia Específica 1 (CE1):
Coñecer e comprender a Anatomía e Fisioloxía humanas, destacando as relacións dinámicas entre a estrutura e a función, especialmente do aparato locomotor e os sistemas nervioso e cardio-respiratorio.

Competencia Específica 2 (CE2):
Coñecer a estrutura do corpo humano dende o punto de vista dos medios de diagnóstico por imaxe.

Competencia Específica 3 (CE3):
Coñecer e comprender os factores que inflúen sobre o crecemento e desenvolvemento humanos ao longo de toda a vida.

Competencia Específica 4 (CE4):
coñecemento e comprensión da estrutura e función do corpo humano a nivel molecular, celular, de órganos e sistemas; dos mecanismos de regulación e control das diferentes funcións.

Competencia Específica 5 (CE5):
Coñecer e comprender o funcionamento dos diferentes sistemas biofísicos e bioquímicos.

Competencia Específica 6 (CE6):
Coñecer e comprender os principios e teorías da física, a biomecánica, a cinesioloxía e a ergonomía, aplicables á fisioterapia.

Competencia Específica 7 (CE7):
Coñecer e comprender as bases físicas dos distintos axentes físicos e as súas aplicacións en Fisioterapia.

Competencia Específica 8 (CE8):
Coñecer e comprender os principios e aplicacións dos procedementos de medida baseados na biomecánica e na electrofisioloxía.

Competencia Específica 9 (CE9):
Coñecer e comprender a aplicación dos principios ergonómicos e antropométricos.

Competencia Específica 10 (CE10):
Coñecer e comprender os factores psicolóxicos e sociais que inflúen no estado de saúde/enfermidade do individuo, familia e comunidade.

Competencia Específica 11 (CE11):
Coñecer e comprender as teorías da comunicación e das habilidades interpersoais.

Competencia Específica 12 (CE12):
Coñecer e comprender as teorías da aprendizaxe a aplicar na educación para a saúde e no seu propio proceso de aprendizaxe ao longo de toda a vida.

Competencia Específica 13 (CE13):
Coñecer e comprender os factores que interveñen no traballo en equipo e en situacións de liderado.

Competencia Específica 14 (CE14):
Coñecer e comprender os concetos de exploración física, valoración, diagnóstico e pronóstico; as bases teóricas das valoracións, test e comprobacións funcionais, a avaliación científica da súa utilidade e efectividade, así como as etapas e recursos do proceso de intervención de fisioterapia.

Competencia Específica 15 (CE15):
Coñecer e comprender os aspectos xerais da patoloxía de etioloxía endóxena e esóxena relacionada coa fisioterapia de todos os aparatos e sistemas cos seus tratamentos médicos, quirúrxicos, fisioterapéuticos e ortopédicos.

Competencia Específica 16 (CE16):
Coñecer e comprender os cambios estructurais, fisiolóxicos, funcionais e de conduta que se producen como consecuencia da intervención da Fisioterapia.

Competencia Específica 17 (CE17):
Coñecer e comprender as bases teóricas da Fisioterapia como ciencia e profesión. Os modelos de actuación en Fisioterapia: O diagnóstico de Fisioterapia. Metodoloxía da investigación aplicada á Fisioterapia.

Competencia Específica 18 (CE18):
Coñecer e comprender os procedementos fisioterapéuticos xerais e os derivados doutros axentes físicos.

Competencia Específica 19 (CE19):
Coñecer e comprender os Procedementos fisioterapéuticos baseados en Métodos e Técnicas específicas de actuacións fisioterapéuticas a aplicar nas diferentes patoloxías de todos os aparatos e sistemas, e en todas as da saúde, e na prevención da enfermidade. Estes métodos están referidos, entre outros: aos procesos neurolóxicos; do aparato locomotor (terapias manuais, terapias manipulativas articulares, osteopatía e quiropraxia); do aparato respiratorio; do sistema cardiocirculatorio; ás alteracións da estática e a dinámica; aos métodos específicos ortopédicos; e ás técnicas terapéuticas reflexas, alternativas ou complementarias afíns ao campo de competencia da Fisioterapia.

Competencia Específica 20 (CE20):
Adquisición de vocabulario propio no campo da Fisioterapia.

Competencia Específica 21 (CE21):
Adquirir formación científica básica en investigación.

Competencia Específica 22 (CE22):
Coñecer e comprender as teorías que sustentan a capacidade de resolución de problemas e o razoamento clínico.

Competencia Específica 23 (CE23):
Coñecer e comprender os procesos de administración e xestión sanitaria, especialmente dos servizos de fisioterapia, no contexto diverso e cambiante no que ésta se desenvolve.

Competencia Específica 24 (CE24):
Coñecer e comprender as implicacións das disposicións organizativas e dos modelos de traballo.

Competencia Específica 25 (CE25):
Coñecer e comprender os criterios e indicadores que garantan a calidade na prestación do servizo de fisioterapia, mediante o uso de guías de boa práctica clínica e de estándares profesionais.

Competencia Específica 26 (CE26):
Coñecer e comprender os concetos fundamentais da saúde, os sistemas de saúde e niveis asistenciais. A Fisioterapia no proceso salud-enfermedad.

Competencia Específica 27 (CE27):
Coñecer e comprender o impacto das políticas sociosanitarias na práctica profesional.

Competencia Específica 28 (CE28):
Coñecer e comprender os factores que interveñen nos problemas de desigualdade social e nas necesidades de saúde dos diferentes grupos sociais.

Competencia Específica 29 (CE29):
Coñecer e comprender as condicións éticas, legais e profesionais que conforman a práctica da Fisioterapia.

Competencia Específica 30 (CE30):
Coñecer e comprender os códigos deontolóxicos da profesión.

Competencia Específica 31 (CE31):
Coñecer e comprender as normas legais de ámbito profesional.

Competencia Específica 32 (CE32):
Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar ao estudantado na prevención, a detección precoz, a asistencia e a rehabilitación das víctimas desta forma de violencia.

Competencia Específica 33 (CE33):
Coñecer o vocabulario inglés imprescindible para poder entender e realizar textos no ámbito de Ciencias da Saúde.

Competencia Específica 34 (CE34):
Elaborar e cumprimentar de forma sistemática a Historia Clínica de Fisioterapia completa, onde se rexistren de forma axeitada e eficaz todos os pasos seguidos dende a recepción do paciente/usuario ata o informe á alta de Fisioterapia.

Competencia Específica 35 (CE35):
Valorar o estado funcional do paciente/usuario, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais.

Competencia Específica 36 (CE36):
Determinar o Diagnóstico de Fisioterapia de acordo coas normas recoñecidas internacionalmente e cos instrumentos de validación internacionais. Esta competencia inclúe xerarquizar as necesidades do paciente/usuario para atender con prioridade aquelas que máis comprometan ao proceso de recuperación.

Competencia Específica 37 (CE37):
Deseñar o Plan de Intervención de Fisioterapia. Elaborar un Plan específico de Intervención de Fisioterapia empregando habilidades de resolución de problemas e razoamento clínico: en consoancia cos recursos dispoñibles; formulando os obxectivos de intervención có usuario e, no seu caso, coas persoas significativas da súa contorna, recollendo as súas expectativas respecto á atención; seleccionando os protocolos ou procedementos máis axeitados á atención planificada, atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia.

Competencia Específica 38 (CE38):
Executar, dirixir e coordinar, o Plan de Intervención de Fisioterapia, atendendo ao principio da individualidade do usuario e empregando as ferramentas terapéuticas propias da Fisioterapia, é dicir, o conxunto de métodos, procedementos, actuacións e técnicas que mediante a aplicación dos medios físicos: curan, recuperan, habilitan, rehabilitan, adaptan e readaptan ás persoas con deficiencias, limitacións funcionais, discapacidades e minusvalías; preveñen as enfermidades e promoven a saúde ás persoas que queren manter un nivel óptimo de saúde.

Competencia Específica 39 (CE39):
Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento de Fisioterapia en relación aos obxectivos marcados e aos criterios de resultados establecidos. Para iso será necesario: definir e establecer os criterios de resultados; realizar a valoración da evolución do paciente/usuario; redeseñar os obxectivos según a valoración, se é preciso; e adecuar o plan de intervención ou tratamento aos novos obxectivos, no seu caso.

Competencia Específica 40 (CE40):
Elaborar o informe á alta de Fisioterapia. Cando considere que se cubriron os obxectivos propostos, ben por curación do proceso ou ben porque se haxan esgotado as posibilidades de recuperación coas medidas terapéuticas ao alcance, proporáse a alta de Fisioterapia e elaboraráse o informe pertinente.

Competencia Específica 41 (CE41):
Proporcionar unha atención de Fisioterapia de forma eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes/usuarios, para o cal será necesario: Interpretar as prescripcións facultativas; preparar o entorno no que se levará a término a atención de Fisioterapia para que sexa confortable; manter informado ao paciente do tratamento que se lle aplica, explicándolle as probas e maniobras que se lle practican, a preparación que requiren, e exhortarle a que colabore en todo momento; rexistrar diariamente a aplicación da atención en Fisioterapia, a evolución e os incidentes da mesma; identificar sinais e síntomas de alteración das funcións biolóxicas relacionadas coa atención de Fisioterapia; controlar e interpretar os signos vitais durante a execución do tratamento diario; orientar as actividades e modo de actuación en relación cos pacientes/usuarios, do persoal non sanitario e subalterno; e avaliar a propia atención proporcionada aos pacientes/usuarios.

Competencia Específica 42 (CE42):
Intervir nos ámbitos de promoción da saúde e prevención da enfermidade.

Competencia Específica 43 (CE43):
Relacionarse de forma efectiva con todo o equipo pluridisciplinar. Iso inclúe: establecer os obxectivos de Fisioterapia no seo do equipo; recoller, escoitar e valorar as reflexións do resto do equipo pluridisciplinar cara as súas actuacións; aceptar e respetar a diversidade de criterios do resto dos membros do equipo; recoñecer as competencias, habilidades e coñecementos do resto dos profesionais sanitarios; participar e integrarse nos traballos do equipo nas súas vertentes científicas e profesionais, así como de relación cos familiares, grupos de interese e institucións; facer da comunicación e o respeto aos profesionais as ferramentas de superación dos conflitos interprofesionais e de competencias.

Competencia Específica 44 (CE44):
Incorporar á cultura profesional os principios éticos e legais da profesión.

Competencia Específica 45 (CE45):
Incorporar a investigación científica e a práctica baseada na evidencia como cultura profesional.

Competencia Específica 46 (CE46):
Analizar críticamente os métodos, protocolos e tratamentos da atención en Fisioterapia e velar porque éstos se adecuen á evolución do saber científico.

Competencia Específica 47 (CE47):
Desenvolver actividades de planificación, xestión e control dos servizos de Fisioterapia.

Competencia Específica 48 (CE48):
Aplicar os mecanismos de garantía de calidade na práctica da Fisioterapia, axustándose aos criterios, indicadores e estándares de calidade recoñecidos e validados para a boa práctica profesional.

Competencia Específica 49 (CE49):
Afrontar o estrés, o que supón ter capacidade para controlarse a sí mesmo e controlar o entorno en situacións de tensión.

Competencia Específica 50 (CE50):
Asumir riscos e vivir en entornos de incertidume, é dicir, ter a capacidade para desempeñar unha responsabilidade sen coñecer ao 100% o resultado final.

Competencia Específica 51 (CE51):
Motivar a outros. O que supón ter a capacidade de xerar nos demáis o desexo de participar activamente e con ilusión en calquer proxecto ou tarefa.

Competencia Específica 52 (CE52):
Aplicar os principios ergonómicos ou de hixiene postural no desenvolvemento da súa actividade.

Competencia Específica 53 (CE53):
Habilidade para o manexo de instrumentos de laboratorio e de aparatos básicos para o estudo experimental.

Competencia Específica 54 (CE54):
Interpretar os resultados dun experimento básico en ciencias biolóxicas e físicas.

Competencia Específica 55 (CE55):
Habilidade para realizar disección básica.

Competencia Específica 56 (CE56):
Capacidade para identificar os diferentes tecidos nunha disección.

Competencia Específica 57 (CE57):
Capacidade de identificar elementos estructurais e alteracións da normalidade nos diferentes métodos de análise e diagnóstico a través da imaxe.

Competencia Específica 58 (CE58):
Comprender e redactar textos en inglés no ámbito de Ciencias da Saúde.

Competencia Específica 59 (CE59):
Traballar con responsabilidade.

Competencia Específica 60 (CE60):
Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora.

Competencia Específica 61 (CE61):
Manifestar respeto, valoración e sensibilidade ante o traballo dos demáis.

Competencia Específica 62 (CE62):
Colaborar e cooperar con outros profesionais.

Competencia Específica 63 (CE63):
Manifestar discreción.

Competencia Específica 64 (CE64):
Mostrar a súa orientación ao paciente/usuario.

Competencia Específica 65 (CE65):
Axustarse aos límites da súa competencia profesional.

Competencia Específica 66 (CE66):
Desenvolver a capacidade para organizar e dirixir.

Competencia Transversal 1 (CT1):
Comunicación oral e escrita nas linguas co-oficiais da Comunidade Autónoma.

Competencia Transversal 2 (CT2):
Capacidade de análise e síntese.

Competencia Transversal 3 (CT3):
Capacidade de organización e planificación.

Competencia Transversal 4 (CT4):
Capacidade de xestión da información.

Competencia Transversal 5 (CT5):
Resolución de problemas.

Competencia Transversal 6 (CT6):
Toma de decisións.

Competencia Transversal 7 (CT7):
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.

Competencia Transversal 8 (CT8):
Comunicación a persoal cualificado como ao non cualificado.

Competencia Transversal 9 (CT9):
Compromiso ético.

Competencia Transversal 10 (CT10):
Traballo en equipo.

Competencia Transversal 11 (CT11):
Habilidades nas relacións interpersoais.

Competencia Transversal 12 (CT12):
Razoamento crítico.

Competencia Transversal 13 (CT13):
Recoñecemento da diversidade y multiculturalidade.

Competencia Transversal 14 (CT14):
Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.

Competencia Transversal 15 (CT15):
Aprendizaxe autónomo.

Competencia Transversal 16 (CT16):
Motivación pola calidade.

Competencia Transversal 17 (CT17):
Adaptación a novas situacións.

Competencia Transversal 18 (CT18):
Creatividade.

Competencia Transversal 19 (CT19):
Iniciativa e espírito emprendedor.

Competencia Transversal 20 (CT20):
Liderado.

Competencia Transversal 21 (CT21):
Coñecemento doutras culturas e costumes.

Competencia Transversal 22 (CT22):
Sensibilidade cara a temas medioambientais.