A Facultade de Fisioterapia participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída do estudantado propio e acollendo ao estudantado externo (nacional e internacional)
Coa fin de promover e facilitar a mobilidade do estudantado, organízanse sesións informativas na facultade, a maiores das ofrecidas e establecidas por parte da Oficina de Relacións Internacionais, nas que o coordinador de Relacións Internacionais na Facultade de Fisioterapia informa, orienta e asesora sobre os diferentes programas de mobilidade e os procedementos a seguir por aquel estudantado interesado en participar en ditos programas.
Estas sesións terán lugar, como se ven facendo ata o de agora, antes da publicación das convocatorias, durante o proceso de solicitude e unha vez seleccionados os candidatos.
O estudantado recibe información sobre os países e as universidades de destino, así como sobre as materias, o recoñecemento de créditos, o contrato de estudos e a matrícula na Uvigo e na universidade de destino. En relación coa viaxe, co visado e a asistencia sanitaria, coas axudas económicas e cos cursos para a preparación lingüística ofertados na Universidade de Vigo e tamén na universidade de destino se lles informa directamente na ORI.
Durante a estadía na universidade de destino o coordinador realiza un seguimento do estudantado e das actividades desenvoltas por este.
Normativa
Documentación
- R1 DO-0205 P1 – 2024/2025 – Listaxe de estudantado propio
- R2 DO-0205 P1 – 2024/2025 – Listaxe de estudantado alleo
- R3 DO-0205 P1 – 2024/2025 – Listaxe de mobilidade nacional
- R4 DO-0205 P1 – 2024/2025 – Listaxe de mobilidade internacional
- R5 DO-0205 P1 – 2023/2024 – Informe de mobilidade
Coordinación da mobilidade
Alejandra Alonso Calvete
+34 986 801 760
movilidadfisioterapia@uvigo.es