Inicio
Benvidos á Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo. A nosa principal misión é formar profesionais altamente valorados polo seu desempeño e competencias. Contamos cun profesorado especializado e actualizado, e ofrecemos unha formación práctica de calidade a través de Estadías Clínicas en diversas institucións sanitarias.
Ademais, apoiamos o desenvolvemento integral dos nosos estudantes mediante titorías permanentes, prácticas extracurriculares e colaboracións con outras universidades. Tamén estamos avanzando na investigación, cun crecente número de docentes doutores participando en proxectos de investigación e teses de doutoramento.
Actualmente contamos coas titulacións do Grao en Fisioterapia e co Máster Universitario en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia.
Avisos
Actualidade
Grao en Fisioterapia
O obxectivo básico do Grao en Fisioterapia é formar profesionais da Fisioterapia que den resposta ás demandas dunha sociedade cambiante, multicultural e que demanda cada vez máis unha maior calidade nas prestacións. Polo tanto, pretende facilitar a adquisición das competencias necesarias para a prestación dunha atención de calidade ao usuario que demande os seus servizos, ben sexa na recuperación e rehabilitación de disfuncións ou discapacidades somáticas, ben sexa na promoción da saúde e prevención da enfermidade.
Plan de actuacións estratéxicas da Facultade de Fisioterapia (2019-2021)
Eixos estratéxicos desenvolvidos
- Visibilización da Facultade e os seus títulos
- Transparencia e actualización permanente da información relativa ao Título e ao centro
- Superación con resultados satisfactorios do procesos de acreditación do Grao en Fisioterapia
- Melloras dos recursos materiais
- Interacción coas institucións da contorna a través de convenios de I+D+I
Eixos estratéxicos por desenvolver
- Incrementar a cantidade de profesorado contratado fixo
- Preparación científica de titulados e profesionais competitivos nun mercado laboral en auxe
- Obtención con resultado satisfactorio da certificación do Sistema de Garantía de Calidade
- Incremento das actividades relacionadas coa transferencia do coñecemento e innovación