Información previa á matriculación sobre acceso e admisión
O Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, regula as condicións para o acceso aos ensinos universitarios oficiais de Grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas. Poderán acceder aos ensinos universitarios os seguintes grupos:
- Estudantado en posesión do título de Bacharelato do Sistema Educativo Español ou doutro declarado equivalente.
- Estudantado en posesión do título de Bacharelato Europeo ou do diploma de Bacharelato internacional.
- Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos de Bacharelato procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou doutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade.
- Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos homologados ao título de Bacharelato do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados en sistemas educativos de Estados que non sexan membros da Unión Europea cos que non se subscribiron acordos internacionais para o recoñecemento do título de Bacharel en réxime de reciprocidade.
- Estudantado en posesión dos títulos oficiais de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior pertencente ao Sistema Educativo Español, ou de títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados aos devanditos títulos.
- Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos, diferentes dos equivalentes aos títulos de Bacharelato, Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, ou de Técnico Deportivo Superior do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados nun Estado membro da Unión Europea ou noutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade, cando devandito estudantado cumpra os requisitos académicos esixidos en devandito Estado membro para acceder ás súas Universidades.
- Persoas maiores de vinte e cinco anos que superen a proba de acceso.
- Persoas maiores de corenta anos con experiencia laboral ou profesional en relación cun ensino.
- Persoas maiores de corenta e cinco anos que superen a proba de acceso.
- Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Grao, Máster ou título equivalente.
- Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Diplomado universitario, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación dos ensinos universitarios ou título equivalente.
- Estudantado que cursase estudos universitarios parciais estranxeiros ou españois, ou que finalizando os estudos universitarios estranxeiros non obtivese a súa homologación en España e desexe continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade correspondente lles recoñeza polo menos 30 créditos ECTS.
- Estudantado que estivese en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións do Sistema Educativo Español anteriores á Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro.
Considerase como perfil de ingreso base, no referido a capacidades, coñecementos, e habilidades de partida, o do nivel de bacharelato. Asi mesmo, debemos sinalar que aqueles que rematen os seus estudos deberán demostrar competencia profesional nos diferentes campos de actuación dun fisioterapeuta, o cal expresarase mediante coñecementos, habilidades e actitudes en actividades de promoción, mantemento, prevención, protección e recuperación da saúde.
Por iso, entrando xa a un nivel máis concreto, sería recomendable que quenes queiran iniciar os estudos de Grao en Fisioterapia teñan as seguintes características:
- Coñecementos básicos sobre morfoloxía e fisioloxía humanas.
- Capacidades sensoriais e perceptivas ligadas ao campo de coñecemento.
- Habilidades motrices básicas manuais e para o manexo de ferramentas e instrumentos, así como para actuar sobre outros con ditas ferramentas e instrumentos ou coas súas mans.
- Habilidades sociais básicas e sensibilidade para a interacción cos demáis.
- Capacidade para adaptarse aos cambios.
- Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
- Capacidade de análise, síntese e razoamento crítico.
- Compromiso ético na súa actuación.
- Listaxe definitiva de persoas admitidas para matricularse no curso 2019-2020
- Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos para titulacións adaptadas ao EEES
- Instruccións para unificar o procedemento de recoñecemento de créditos
- Procedemento de transferencia e recoñecemento de créditos para titulacións adaptadas ao EEES (2010-11) (MODIFICADO)
- Resolución Reitoral de 19 de febreiro de 2018, pola que se establece o procedemento para a validación parcial de estudos universitarios estranxeiros e a admisión en estudos de grao na Universidade de Vigo: Listaxe provisoria 2021 | Listaxe definitiva 2021
- Normativa de recoñecemento de créditos por actividades en titulacións de grao: actividades universitarias, culturais, deportivas, de representación estudiantil, solidarias e de cooperación
- Catálogo de recoñecemento de créditos de FP de grao superior
- Expedición do Suplemento Europeo ao Título
Curso ponte de adaptación ás titulacións de grao
Curso de adaptación ao grao.
Información de Apoio ao Estudante
Toda a información no apartado Orientación ao estudantado
Matrícula
Toda a información no apartado Matrícula