Programa SICUE

O programa SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) permite realizar un periodo de estudos (un semestre ou curso completo) nunha universidade española diferente á de orixe do estudante, sen que este perda a súa condición de estudante da propia universidade, é dicir, sen traslado de expediente.

A nosa facultade ten convenios para este programa de intercambio con prácticamente todas as universidades públicas de España que imparten o Grao en Fisioterapia:

Consulta a listaxe

 

A xestión deste programa de mobilidade na Universidade de Vigo lévaa a cabo o Servizo de información e orientación para o estudante (SIOPE), en colaboración cós coordinadores de mobilidade de cada centro.

Este programa asegura o recoñecemento académico das materias cursadas na universidade de destino. Antes de iniciar a estadía, débese cumprimentar o contrato de estudos. Este documento, que debe ser aprobado e asinado polos coordinadores de mobilidade das facultades de orixe e destino, establece as asignaturas cursadas na universidade de destino que van a ser recoñecidas localmente. O contrato de estudos poderá modificarse posteriormente para adaptarse a posibles imprevistos que xurdan durante a estancia na universidade de destino (sempre dentro dos límites temporais establecidos). Todo cambio deberá ser aprobado polos coordinadores dos centros de orixe e destino, e deberá informarse aos servizos administrativos correspondentes dos cambios de matrícula que impliquen.

Consulta a convocatoria