Son aquelas que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación e que, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plano de estudos.

O estudantado interesado en facer prácticas académicas extracurriculares debe presentar a debida solicitude dirixida á Coordinación de Prácticas Externas dentro dos prazos publicados para cada curso académico.

Prazos de solicitude – Curso 2024/2025:

  • Do 4 ao 11 de novembro de 2024
  • Do 3 ao 10 de febreiro de 2025
  • Do 21 ao 28 de abril de 2025 (despois de semana santa)
  • Do 16 ao 23 de xuño de 2025 (soamente para o estudantado de 2º curso que supere 120 ECTS)

É importante que, previo a presentación da solicitude na facultade, o estudantado debe contactar co centro no cal ten interese en facer as prácticas, ademais de co/a fisioterapeuta que actuará como titor de empresa para dita práctica. O alumno debe chegar a un acordo co centro e co/a fisioterapeuta en relación ao período e horario nos que terán lugar a práctica. Na solicitude a presentar, o alumno debe incluír, ademais, os datos referentes ao titor académico que xestionará a práctica, normalmente un profesor da facultade.

Naqueles casos onde o estudantado queira facer as prácticas nun centro o cal non está conveniado, débese tramitar, por parte da dirección da facultade, a posibilidade de establecerse ou non dito convenio, para o cal se xera un informe correspondente. Neses casos, sendo o alumno coñecedor de que o centro non está conveniado, é importante que o tempo transcorrido entre a presentación da documentación e o inicio efecto das prácticas sexa o axeitado para facilitar a posibilidade de tramitación do convenio.

 

Documentación asociada

Impreso de solicitude de prácticas externas extracurriculares

 

Formularios