O Traballo de Fin de Grao forma parte do plan de estudos do Grao en Fisioterapia cunha carga lectiva de 9 créditos ECTS

Debe ser un traballo orixinal, realizado de xeito persoal e autónomo polo alumnado, baixo titorización docente, e debe permitir amosar de xeito integrado a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título.

O TFG deberá contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades:

  • Capacidade para definir a metodoloxía dun proxecto e formular un plan de traballo relacionado con algún ámbito de coñecemento do grao
  • Capacidade para realizar o traballo proxectado
  • Capacidade para presentar e defender o TFG

A titularidade dos dereitos da propiedade intelectual corresponderá ao/á estudante que o elaborou. Esta titularidade pode compartirse coa persoa titora.

Normativas do TFG

Documentación do TFG

 

Traballo Fin de Grao – Curso 2024/2025

Calendario de defensa do TFG

Prazos Solicitude de defensa Entrega do TFG Defensa
1º prazo (outubro 2024) 02/10/2024 – 09/10/2024 09/10/2024 25/10/2024
2º prazo (1º cuadrimestre) 16/01/2025 – 23/01/2025 23/01/2025 07/02/2025
3º prazo (2º cuadrimestre) 12/05/2025 – 19/05/2025 19/05/2025 18/06/2025
4º prazo (xullo 2025) 20/06/2025 – 27/06/2025 27/06/2025 17/07/2025

Coordinación do Traballo Fin de Grao

Iria Da Cuña Carrera
+34 986 801 758
iriadc@uvigo.gal