XVI Congreso AEF

Data de celebración

Do 8 ao 9 de novembro de 2019

Acceso

Inscrición

Coincidindo coa conmemoración do 50º aniversario da AEF e o 20º aniversario do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, celébrase a décimo sexta edición do evento científico con máis calado da Fisioterapia nacional.

Nesta ocasión, será a cidade de Santiago de Compostela a encargada de acoller, durante os días 8 e 9 de novembro de 2019, un evento de recoñecido valor para a profesión.

O exercicio físico con fins terapéuticos e a adopción de estilos de vida activos preséntanse como alicerces fundamentais no manexo das enfermidades crónicas non transmisibles e esixen a promoción e execución de intervencións que promovan unha resposta integral e transversal, coa participación das administracións así como todas as institucións con capacidade de influír na poboación.

Santiago de Compostela converterase no epicentro científico dun congreso que representa e visibiliza o valor da Fisioterapia nacional e actuará como punto de encontro para profesionais e organizacións de todo o territorio.

Ligazóns

Programa
Aloxamentos
Abstract
Comités