A Brilat recoñece a colaboración de Fisioterapia co seu Concurso de Patrullas

O Concurso de Patrullas Tui-Santiago, que promove a Brigada de Infantería Lixeira (Brilat) Galicia VII, con sede en Figueirido, tense convertido co paso dos anos nunha das citas fixas para as unidades de voluntariado da Facultade de Fisioterapia, que levan ao alumnado a pór en práctica os seus coñecementos con pacientes reais colaborando con diferentes eventos deportivos. Co propósito de agradecer e recoñecer a colaboración da facultade coa carreira, o capitán da Brilat Rómulo Crespo fixo entrega, en nome do xeneral xefe, Luis Cortés, dunha placa conmemorativa e dunha serie de cartas de agradecemento para o alumnado que colaborou na última edición desta proba, nas que as e os militares deben percorrer a pé os preto de 120 quilómetros que separan Tui de Santiago de Compostela e superar á vez unha serie de probas de resistencia ou destreza.

“Todo o que sexa colaborar con diferentes institucións e dar visibilidade tanto ao noso traballo como a nosa implicación coa sociedade, creo que é algo positivo para a facultade e tamén para a propia universidade”, salientou a decana de Fisioterapia, Eva Lantarón, trala entrega desta placa, na que participou tamén a coordinadora destas unidades, Yoana González.

Ler a noticia completa no DUVI