O Plan de Acción Tutorial (PAT) da Facultade de Fisioterapia recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do estudantado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.

Supón superar o modelo especificamente académico, só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo en que conflúen ademais funcións socio educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-estudante, estudante-estudante etc.; apóstase, en definitiva, polo desenvolvemento persoal, ademais do académico.

O PAT apunta directamente cara á garantía e á adecuación dos métodos de ensino, aprendizaxe e avaliación, a adquisición de competencias do estudantado, a atención á diversidade, a orientación á aprendizaxe etc., recollidos dunha forma ampla tanto na memoria do título como no sistema de garantía de calidade do centro.

A Facultade de Fisioterapia xa viña realizando diversas actividades que agora se contemplan agrupadas neste PAT, como era o Acto de benvida e a Mesa Redonda sobre Saídas Profesionais desde a posta en marcha da titulación no ano 1995, así como o Curso de Adaptación ao EEES e o Programa de Titorías Curriculares desde a posta en marcha do Plan piloto de adaptación ao EEES desde o curso 2005-2006.

Normativa do PAT (Aprobada o 26/07/2013)
Anexo I | Anexo II | Anexo III | Anexo IVa e IVb | Anexo V

 

PAT curso 2021/2022

Asignación de titores/as
Asignación de titores/as (Deportistas de Alto Nivel)

 

Coordinación do PAT

Mª del Rocío Abalo Nuñez
+34 986 801 760
rocioabalo@uvigo.es

 

Cursos anteriores

Asignación de persoal titor
2020-2021 | 2019-2020 | 2018-2019 | 2017-2018 | 2016-2017 | 2015-2016 | 2014-2015 | 2013-2014 | 2012-2013 | 2011-2012 | 2010-2011 | 2009-2010

Asignación de persoal titor (Deportistas de Alto Nivel)
2020-2021 | 2019-2020 | 2018-2019 | 2017-2018 | 2016-2017 | 2015-2016 | 2014-2015 | 2013-2014 | 2012-2013 | 2011-2012