Coa fin de acadar unha mellor información sobre as ofertas de emprego, a Facultade de Fisioterapia puxo en marcha no ano 2008 un Plan de Oferta de Emprego (POE), a través do cal se lle fai chegar aos alumnos as ofertas de emprego que se reciben no centro.

Para iso, unha vez que o alumno pague as taxas de expedición do título, pode cubrir en calquera momento a correspondente solicitude do POE no Decanato. Deste xeito, a través do enderezo electrónico, se lle fan chegar tótalas ofertas de emprego que se reciben no centro ata que o estudante egresado decida darse de baixa.

Impreso para empresas

Seguimento do POE

Dende a dirección do centro lévase a cabo un rexistro de solicitudes dos egresadas e egresados anotados no POE, así como as ofertas de traballo recibidas por parte das empresas dende a súa implantación.

Curso Solicitudes de egresados Ofertas de traballo
2019/2020 38
2018/2019 98
2017/2018 33 5
2016/2017 5 69
2015/2016 42 67
2014/2015 13 41
2013/2014 21 24
2012/2013 35 13
2011/2012 16 20