O Máster Universitario en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia é un título da Universidade de Vigo que se desenvolve na Facultade de Fisioterapia do campus de Pontevedra. O título pretende formar fisioterapeutas de forma especializada no exercicio terapéutico para tratar patoloxías, ampliando a súa base de coñecementos e mellorando a súa competencia profesional.

O programa formativo facilita ao futuro estudantado a adquisición das competencias necesarias para realizar unha análise crítica do nivel de evidencia científica sobre o exercicio terapéutico, orientando aos profesionais da Fisioterapia na investigación neste campo. Tamén contribúe para seguir estudos de tercer ciclo.

 

Este mestrado está dirixido exclusivamente a persoas con titulación universitaria como o Grao en Fisioterapia, a Diplomatura en Fisioterapia ou outra titulación equivalente procedente do Estado integrante do Espacio Europeo de Educación Superior ou non.

 

As persoas tituladas do Máster Universitario en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia poderán desenvolver a súa profesión no ámbito sanitario, socio-sanitario, deportivo, investigador, etc. cunha ampla formación en exercicio terapéutico.

 

Módulo obrigatorio específico (36 ECTS)

Está constituído por materias obrigatorias que conforman o núcleo esencial do mestrado e que abarcan os fundamentos do exercicio terapéutico para aplicar en diferentes colectivos con patoloxías. Estas materias distribúense entre os dous cuadrimestres e case todas elas conteñen docencia teórico-práctica.

 

Módulo optativo (12 ECTS)

No segundo cuadrimestre permítelle a cada estudante a posibilidade de cursar, como máximo, dúas materias optativas para afondar e ampliar coñecementos e competencias en aspectos máis especializados do exercicio terapéutico.

 

Módulo de prácticas Externas (9 ECTS)

No segundo cuadrimestre desenvólvense as prácticas en centros onde os estudantes terán que levar a cabo un programa de exercicio terapéutico nunha das áreas de especialización da Fisioterapia (cardiovascular, musculoesquelética, neurolóxica, respiratorio e endrocrino, oncoloxía, obstetricia e uroxinecoloxía, saúde mental, Pilates, etc.)

 

Módulo de traballo de fin de mestrado (9 ECTS)

Realízase ao final dos estudos e o seu obxectivo é demostrar, de forma integrada, que se adquiriron os contidos formativos e as competencias asociadas a titulación.

 

MATERIAS ECTS CARÁCTER CURSO CUADRIMESTRE
Bases anatomofuncionais no exercicio terapéutico 3 OB Primeiro
Fundamentos do exercicio terapéutico e deseño de programas 3 OB Primeiro
Metodoloxía da investigación 9 OB Primeiro
Exercicio terapéutico na prevención e tratamento de enfermidades cardiovasculares 3 OB Primeiro
Exercicio terapéutico no tratamento de patoloxía musculoesquelética e recuperación do deportista 3 OB Primeiro
Exercicio terapéutico no tratamento de patoloxías no sistema endocrino e respiratorio 3 OB Primeiro
Exercicio terapéutico no tratamento de enfermidades neurodexenerativas e na diversidade funcional 3 OB Primeiro
Exercicio terapéutico en persoas maiores 3 OB Primeiro
Exercicio terapéutico en pacientes oncolóxicos e/ou sobreviventes de cancro 3 OB Segundo
Exercicio terapéutico en procesos e patoloxías obstétricas e uroxinecolóxicas 3 OB Segundo
Prácticas externas 9 OB Segundo
Traballo fin de máster 9 OB Segundo
Pilates terapéutico 3 OP Segundo
Exercicio terapéutico no medio acuático 3 OP Segundo
Exercicio terapéutico no tratamento de alteracións abdomino-lumbo-pelvianas 3 OP Segundo
Exercicio terapéutico en patoloxías relacionadas coa saúde mental 3 OP Segundo

 

 

Memoria do título

 

Coordinación

Mª del Rocío Abalo Núñez
+34 986 801 754
muetf@uvigo.es
 

Asuntos administrativos

Área de Posgrao
+34 986 801 693/801 694
xnposgrapo@uvigo.es