A oferta de prazas para a realización do curso de adaptación ao grao, segundo establece a convocatoria de matricula en estudos de graos 2022/2023, vai dirixida a quen estea en posesión da titulación universitaria oficial de ciclo curto requirida para cada caso, correspondente ao anterior sistema de ordenación das ensinanzas universitarias. Tramitarasé a través da Sede electrónica.
Quen non aporte a documentación nese momento terá 3 días, contados a partir do seguinte ao do remate do mesmo, para incorporala, sendo suficiente notificación para estes efectos a información que figura nesta convocatoria sobre a documentación a presentar. Quen finalmente non presente a documentación no prazo indicado será excluído do proceso de admisión.
Cada centro de estudos constituirá unha comisión de valoración das solicitudes admitidas a trámite que estará integrada como mínimo por un presidente, tres vogais (dous membros do profesorado e un membro do persoal de administración e servizos) e un secretario. Os centros que o consideren oportuno poderán determinar que sexa a súa comisión de recoñecementos e validacións quen asuma este procedemento.
Curso académico 2022/2023
Convocatoria de matrícula 2022/2023
Criterios de selección do centro
Calendario de admisión 2022/2023
Proceso | Data |
---|---|
Prazo de presentación de solicitudes: | do 1 de xuño ao 15 de xullo |
Listaxe provisoria: | 21 de xullo |
Reclamacións: | do 22 ao 24 de xullo |
Listaxe definitiva: | 26 de xullo: listaxe |
Matrícula
Período ordinario de matrícula: a partir do 26 de agosto de 2022
No caso de que nun curso ponte non se matriculen todas as persoas admitidas, establecerase a posibilidade de efectuar chamamentos de matrícula cada 3 días cando existan listaxes de agarda a fin de que non queden prazas vacantes.