Incorporación de estudantes
Para poder matricularse en primeiro curso por primeira vez en titulacións oficiais hai que ter concedida previamente a admisión. A preinscrición farase polo proceso convocado pola Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG) a través dos procedementos telemáticos establecidos na súa web. O calendario de preinscrición pode consultarse na seguinte ligazón.
Na Universidade de Vigo non existe o trámite de reserva de praza polo que a persoa convocada pola CiUG para matricularse nunha titulación oficial, no momento no que a formalice a través da secretaría virtual, quedará matriculada independentemente de que entregue ou non a documentación necesaria e de que os prezos públicos estean ou non aboados. O feito de non entregar a documentación e/ou non aboar os prezos públicos non implica que a matrícula non estea formalizada nin a anulación automática da mesma.
Curso académico 2022/2023
Estudos de grao
Titulación | Prazas | Calendario | Matrícula |
---|---|---|---|
Grao en Fisioterapia | 50 | Cal. preinscrición Cal. académico |
Automatrícula Continuación |
Convocatoria de matrícula 2022/2023 – estudos de grao
Estudos de máster
Titulación | Prazas | Calendario | Matrícula |
---|---|---|---|
Máster en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia | 20 | Cal. preinscrición Cal. académico |
Automatrícula Continuación |
Convocatoria de matrícula 2022/2023 – estudos de posgrao
Prezos e exencións
Consulta a información económica relacionada coa matrícula, o custo dos estudos, as modalidades de abonamento, os descontos ou as exencións e as axudas do programa propio da UVigo para persoas con dificultades económicas no seguinte enlace: Prezos públicos.
- Normas económicas derivadas da xestión académica na UVigo 2021/2022
- Decreto 103/2021, do 1 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema Universitario de Galicia para o curso académico 2021/2022