Ferreira Faro

Profesor/a titular de universidade

Área de Fisioloxía
Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Información de contacto

Facultade de Fisioterapia
Despacho 6
A Xunqueira, s/n
36005 Pontevedra

+34 986 801 762
lilianfaro@uvigo.es

Breve CV

Lilian Ferreira Faro (Belém-Brasil) é licenciada en Biomedicina (Universidade Federal do Pará – UFPA – Brasil, 1994), con especialización (1995), mestrado (1997) e doutoramento (2000) en Neurociencias pola UFPA, e con posdoutoramento na Universidade de Vigo (2003-2005). Foi Profesora Titular de Universidade na UFPA (1994-2007). Desde 2007 é Profesora Contratada doutora na Universidade de Vigo, con 2 sexenios. Na súa produción científica se inclúen a dirección de TFMs (8), de Teses de doutoramento (4), a autoría de artigos científicos de ámbito internacional (33, todos incluidos no JCR), 9 capítulos de libro, edición de libros, máis de 100 comunicacións a Congresos, participación en diversos proxectos de investigación financiados, Referee de revistas científicas internacionais. Ademais, ten ocupado cargos de xestión universitaria: subdirectora de departamento, directora de departamento, coordinadora do programa de mestrado e doutoramento da UFPA.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Fisioterapia

P05G171V01102 | Fisioloxía: Fisioloxía humana

2º cuadrimestre

 

Investigación

Grupo de investigación

Innovación en Agrolimentación e Saúde

Liñas de investigación

  • Neurotransmisión dopaminérxica nigroestriatal
  • Efectos de toxinas sobre a liberación de dopamina no núcleo estriado de ratas