Son aquelas que se configuran como actividades académicas integradas como materias dun plano de estudos, tal é o caso da materia Estadías Clínicas que conta cunha carga docente de 42 créditos anuais que se imparte en 4º curso.

Nesta materia o estudantado debe realizar as seguintes actividades para acadar as competencias correspondentes:

PRÁCTICUM CLÍNICO: desenvolvemento de actividades nun contexto clínico relacionado co exercicio profesional do fisioterapeuta.

SESIÓNS CLÍNICAS: análise dun caso clínico, coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e marcar obxectivos e o plan de tratamento.

CARTAFOL: recompilación de probas documentais e datos concretos que permitan avaliar a progresión do ensino e da aprendizaxe de cada estudante.

SEMINARIOS CLÍNICOS: actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.

 

Para isto, cóntase cunha serie de centros conveniados e con un total de 30 profesores/titores para o desenvolvemento do Practicum Clínico, e profesores para os Seminarios e sesións clínicas, así como con dous Coordinadores.

Para unha axeitada xestión das Estadías Clínicas o centro conta, ademáis do regulamento da propia Universidade de Vigo, cun Procedemento de xestión das Prácticas Externas.

 

Destinatarios e requisitos

DESTINATARIOS

  • O estudantado matriculado no Grao En Fisioterapia.
  • O estudantado doutras universidades españolas ou estranxeiras que estean realizando estadías de estudo na Facultade a través de convenios.

 

Adxudicación ao alumnado da entidade colaboradora

O Practicum clínico realizase nos centros conveniados baixo a supervisión dos profesores responsables e/o titores clínicos. Establécense 5 Grupos de Rotación con 6 profesores por grupo que inclúen os distintos ámbitos da Fisioterapia de maneira que a súa formación abarque as diferentes patoloxías susceptibles de tratamento de Fisioterapia. Cada Rotatorio ten unha duración de 4 semanas nas que o estudantado asiste en xornada de mañá, onde desenvolve actividades nun contexto clínico relacionado co exercicio profesional da Fisioterapia e baixo a supervisión dun profesor/titor. Cada profesor/titor ten 1 ou 2 alumnos ao seu cargo por rotación.

Os ámbitos da Fisioterapia onde se desenvolven os diferentes rotatorios son:

  • Fisioterapia neurolóxica adultos
  • Fisioterapia neurolóxica infantil
  • Fisioterapia osteoarticular
  • Fisioterapia en outras especialidades ou ámbitos

Para a adxudicación aos Grupos de Rotación (no momento de realizar a matricula na Materia Estadías Clínicas) o estudantado debe priorizar os Grupos de Rotación (de 1 a 5), adxudicándose por preferencia en base á Nota Media do expediente (segundo a Resolución do 15 de setembro de 2011 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).

O estudantado matriculado na materia Estadías Clínicas (de 42 créditos ECTS) dividirase entre os 5 Grupos de Rotación.

Os Coordinadores realizarán a distribución do estudantado dentro do Grupo de Rotación tendo en conta que non haxa masificación do estudantado nos centros e ao estudantado de intercambio.

O estudantado de Erasmus+ propios que soamente cursen unha parte da materia asignaranse ao Grupo de Rotación unha vez distribuído o estudantado que cursa a materia anual, esta asignación farase tendo en conta as súas preferencias, a nota media e que non se produza unha distorsión na ratio de 1 ou 2 alumnos por profesor/titor en cada Rotatorio. Priorizarase para que realicen os rotatorios en: Fisioterapia neurolóxica adultos, Fisioterapia neurolóxica infantil e Fisioterapia osteoarticular.

O estudantado de intercambio recibido será asignados aos rotatorios de tal xeito que non distorsione o ratio alumno/profesor.

En caso de que un profesor, por motivos excepcionais, non poda impartir a docencia durante un tempo determinado, o alumno será asignado a outro profesor do mesmo ámbito e na mesma poboación na medida do posible tendo como referencia o obxectivo de non aumentar o ratio alumno/profesor.

Debido a que non tódolos centros conveniados están situados en Pontevedra, os alumnos deben desprazarse para a realización do Practicum clínico, para isto no momento da organización dos Grupos de Rotación tense en conta non soamente os distintos ámbitos senón tamén onde están ubicados para que o desprazamento do estudantado sexa o menor posible. Para facilitar este desprazamento, unha vez finalizado o prazo de reclamacións, abrirase un prazo para permitir que un alumno se poida intercambiar con outro ben dentro do mesmo Grupo de Rotación o con un alumno doutro Grupo de Rotación. Este intercambio será comunicado a Coordinación de Estadías Clínicas no que se fará constar o consentimento dos alumnos que se intercambian para proceder a publicación da lista definitiva e remitir o listado dos alumnos aos Centros conveniados.

 

Adxudicación do profesorado titor académico

A adxudicación ao Grupo de Rotación conleva a adxudicación do profesor/titor do Centro. Sendo os Coordinadores das Estadías Clínicas os que asumen a titorización académica do estudantado.

 

Realización e entrega dos informes e memoria final

Os informes parciais realizaranse a través do Cartafol, nel o alumno debe reflexionar sobre o proceso de ensinanza-aprendizaxe, e para elo debe incluír información sobre o tipo de pacientes, avaliación, métodos e técnicas empregadas, informes realizados, etc. así como as competencias que considera que acadou nese rotatorio.

Ao finalizar as Estadías Clínicas deberá realizar un Informe final que será un compendio dos informes parciais.

A entrega desta documentación realizarase nas datas indicadas ao inicio do curso académico aos Coordinadores da materia que serán os encargados da súa xestión.

 

Avaliación e cualificación das Estadías clínicas

A nota final da materia Estadías clínicas estará formada por un 70% de Practicum clínico, un 20% de sesións clínicas e un 10% de seminarios e Cartafol.

  • Practicum clínico: realizarase unha valoración sistemática do alumno onde o profesor recollerá datos sobre a participación deste, tendo en conta as actitudes e aptitudes adquiridas, tendo un valor do 70% da nota do Practicum clínico (49% do total). Ademais realizarase unha proba práctica ao final de cada rotatorio na que debe realizar a valoración, marcar os obxectivos, establecer o plan de tratamento e executalo, tendo un valor do 30% da nota do Practicum clínico (21% do total). O profesor indicará ao alumno ao final do rotatorio a súa avaliación continua e do exame, incidindo sobre os puntos fortes e débiles desta valoración co propósito de que o alumno reflexione e nos seguintes rotatorios poda mellorar os seus puntos débiles.
  • Sesións de Casos clínicos: valorase por unha parte a exposición dos casos clínicos tendo en conta a valoración diagnóstica, obxectivos e plan de tratamento, claridade expositiva e a utilización de medios audiovisuais, e por outra banda a participación no debate dos casos clínicos de seus compañeiros. Ten un valor do 20% das Estadías Clínicas.
  • Seminarios e Cartafol: realízase una valoración sistemática sobre a participación e interese do alumno no desenvolvemento do seminario e a realización do Cartafol. Ten un valor do 10% das Estadías Clínicas.

Na Guía docente de cada ano académico establécense os requisitos que o alumno debe cumprir para superar a Materia de Estadías clínicas.

 

Prácticas externas curriculares – Curso 2021/2022

C1-DO0204 – Calendario de rotatorios de estadías clínicas
C2-DO0204 – Calendario de seminarios clínicos
C3-DO0204 – Relación de titores e profesores de estadías clínicas
C4-DO0204 – Listaxe de rotatorios e profesores-titores
C5-DO0204 – Relación de temas e profesores de seminarios clínicos
C6-DO0204 – Listaxe de asignación de estudantado por rotatorios
C7-DO0204 – Data de entrega de casos clínicos, cartafol, cuestionario
C8-DO0204 – Listaxe de asignación de estudantado a seminarios e casos clínicos