Coa fin de acadar unha mellor información sobre as ofertas de emprego, a Facultade de Fisioterapia puxo en marcha no ano 2008 un Plan de Oferta de Emprego (POE), a través do cal se lle fai chegar aos alumnos as ofertas de emprego que se reciben no centro.
Para iso, unha vez que o alumno pague as taxas de expedición do título, pode cubrir en calquera momento a correspondente solicitude do POE no Decanato. Deste xeito, a través do enderezo electrónico, se lle fan chegar tótalas ofertas de emprego que se reciben no centro ata que o estudante egresado decida darse de baixa.
Impreso para empresas a cubrir para publicar unha oferta de emprego. Unha vez cuberto debe enviarse á dirección sdfisioterapia@uvigo.es
Seguimento do POE
Dende a dirección do centro lévase a cabo un rexistro de solicitudes dos egresadas e egresados anotados no POE, así como as ofertas de traballo recibidas por parte das empresas dende a súa implantación.
Curso | Solicitudes de egresados | Ofertas de traballo |
---|---|---|
2019/2020 | – | 38 |
2018/2019 | – | 98 |
2017/2018 | 33 | 5 |
2016/2017 | 5 | 69 |
2015/2016 | 42 | 67 |
2014/2015 | 13 | 41 |
2013/2014 | 21 | 24 |
2012/2013 | 35 | 13 |
2011/2012 | 16 | 20 |