Inicio

Matrícula 2024/2025

 
 

Máster Universitario en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia

Nova implantación no curso académico 2022/2023. Preinscrición: do 1 ao 7 de xullo de 2022.

 

Campus Remoto

Campus Remoto é o novo servizo que centraliza nun único punto as diversas ferramentas de teledocencia da Universidade de Vigo: FaiTIC, Aulas virtuais “en directo” e Foro do profesorado.
 

Benvidos/as á Facultade de Fisioterapia

Benvid@ á nosa Facultade en nome de todos os que formamos parte do Centro.

Agardamos que, navegando polos distintos apartados desta páxina web, sexamos capaces de trasladarche as liñas básicas do que podes atopar na nosa titulación de Grao en Fisioterapia, tanto se pertences xa a este centro como se aínda non.

 

Grao en Fisioterapia

O obxectivo básico do Grao en Fisioterapia é formar profesionais da Fisioterapia que den resposta ás demandas dunha sociedade cambiante, multicultural e que demanda cada vez máis unha maior calidade nas prestacións. Polo tanto, pretende facilitar a adquisición das competencias necesarias para a prestación dunha atención de calidade ao usuario que demande os seus servizos, ben sexa na recuperación e rehabilitación de disfuncións ou discapacidades somáticas, ben sexa na promoción da saúde e prevención da enfermidade.

Máis información

Plan de actuacións estratéxicas da Facultade de Fisioterapia (2019-2021)

Eixos estratéxicos desenvolvidos

  • Visibilización da Facultade e os seus títulos
  • Transparencia e actualización permanente da información relativa ao Título e ao centro
  • Superación con resultados satisfactorios do procesos de acreditación do Grao en Fisioterapia
  • Melloras dos recursos materiais
  • Interacción coas institucións da contorna a través de convenios de I+D+I

Eixos estratéxicos por desenvolver

  • Incrementar a cantidade de profesorado contratado fixo
  • Preparación científica de titulados e profesionais competitivos nun mercado laboral en auxe
  • Obtención con resultado satisfactorio da certificación do Sistema de Garantía de Calidade
  • Incremento das actividades relacionadas coa transferencia do coñecemento e innovación