Facultade de Fisioterapia

Persoal Docente e Investigador

No Grao en Fisioterapia o cadro de profesorado que imparte docencia está integrado na actualidade por 15 profesores permanentes (véxase a táboa de abaixo). Dos 15, o 86,67% posúen o título de doutor. O cadro de persoal complétase con 4 axudantes doutoras, 7 asociados e 2 docentes-investigadoras contratadas (1 contratada posdoutoral e 1 bolseira FPI). Ademais, para impartir a docencia clínica da materia Prácticas externas: Estancias Clínicas, contamos con 25 profesores Asociados en Ciencias da Saúde (9 homes, 36%, e 16 mulleres, 64%; ningún deles posúe o título de doutor) e 6 titores clínicos (3 homes e 3 mulleres, e ningún doutor).


Persoal Docente e Investigador
CategoríaHomesMulleresTotal%TITAD
%%
CU 0 0,00% 1 100,00% 1 3,57% Dr. TC
CEU 1 100,00% 0 0,00% 1 3,57% Dr. TC
TU 4 66,67% 2 33,33% 6 21,43% Dr. TC
PCD 1 20,00% 4 80,00% 5 17,86% Dr. TC
TEU 2 100,00% 0 0,00% 2 7,14% Dr. TC
PAD 0 0,00% 4 100,00% 4 14,29% Dr. TC
PA 3 42,86% 4 57,14% 7 25,00% Dr. TP
Outros 0 0,00% 2 100,00% 2 7,14% Dr. TC
TOTAL 11   17   28      

 

Perfil do profesorado do Grao en Fisioterapia
Curso 2016-2017 | Curso 2015-2016 | Curso 2014-2015 | Cursos 2010-2011 a 2013-2014