Facultade de Fisioterapia

Mobilidade nacional

Programa SICUE

O programa SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) permite realizar un periodo de estudos (un semestre ou curso completo) nunha universidade española diferente á de orixe do estudante, sen que este perda a súa condición de estudante da propia universidade, é dicir, sen traslado de expediente.

A nosa facultade ten convenios para este programa de intercambio con prácticamente todas as universidades públicas de España que imparten o Grao en Fisioterapia (ver listado).

A xestión deste programa de mobilidade na Universidade de Vigo lévaa a cabo o Servizo de información e orientación para o estudante (SIOPE), en colaboración cós coordinadores de mobilidade de cada centro.

Este programa asegura o recoñecemento académico das materias cursadas na universidade de destino. Antes de iniciar a estancia, débese cumprimentar o contrato de estudos. Este documento, que debe ser aprobado e asinado polos coordinadores de mobilidade das facultades de orixe e destino, establece as asignaturas cursadas na universidade de destino que van a ser recoñecidas localmente. O contrato de estudos poderá modificarse posteriormente para adaptarse a posibles imprevistos que xurdan durante a estancia na universidade de destino (sempre dentro dos límites temporais establecidos). Todo cambio deberá ser aprobado polos coordinadores dos centros de orixe e destino, e deberá informarse aos servizos administrativos correspondentes dos cambios de matrícula que impliquen.

Os requisitos para participar neste programa poden ser consultados na Convocatoria SICUE publicada na web de UVIGO.

Listado de prazas ofertadas para o curso 2016-2017