Facultade de Fisioterapia

Programas de Mobilidade

A Facultade de Fisioterapia participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída do estudantado propio e acollendo ao estudantado externo (nacional e internacional)

INFORMACIÓN SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE

Iris Machado de Oliveira

Coordinadora de Relacións Internacionais

+34 986 801 771

Coa fin de promover e facilitar a mobilidade do estudantado, organízanse sesións informativas na Facultade, a maiores das ofrecidas e establecidas por parte da Oficina de Relacións Internacionais, nas que o coordinador de Relacións Internacionais na Facultade de Fisioterapia informa, orienta e asesora sobre os diferentes programas de mobilidade e os procedementos a seguir por aquel estudantado interesado en participar en ditos programas.

Estas sesións terán lugar, como se ven facendo ata o de agora, antes da publicación das convocatorias, durante o proceso de solicitude e unha vez seleccionados os candidatos.

O estudantado recibe información sobre os países e as universidades de destino, así como sobre as materias, o recoñecemento de créditos, o contrato de estudos e a matrícula na Uvigo e na universidade de destino. En relación coa viaxe, co visado e a asistencia sanitaria, coas axudas económicas e cos cursos para a preparación lingüística ofertados na Universidade de Vigo e tamén na Universidade de destino se lles informa directamente na ORI.

Durante a estadía na universidade de destino o coordinador realiza un seguimento do estudantado e das actividades desenvoltas por este.


Documentación

R1 DO-0205 P1 - 2017/2018 - Listado de estudantado propio
R2 DO-0205 P1 - 2017/2018 - Listado de estudantado alleo
R3 DO-0205 P1 - 2017/2018 - Listado de mobilidade nacional
R4 DO-0205 P1 - 2017/2018 - Listado de mobilidade internacional
R5 DO-0205 P1 - 2016/2017 - Informe de mobilidade