Facultade de Fisioterapia

Unidades de Fisioterapia

A Facultade de Fisioterapia de Pontevedra colabora con entidades públicas e privadas en eventos nos que sexa necesaria a prestación de servizos de fisioterapia.

INFORMACIÓN SOBRE AS UNIDADES DE FISIOTERAPIA

Yoana González González

Coordinadora de Unidades de Fisioterapia

+34 986 801 774 |

A Facultade de Fisioterapia de Pontevedra ten dentro dos seus obxectivos colaborar con entidades públicas e privadas en eventos nos que sexa necesaria a prestación de servizos de fisioterapia, a través da Oficina de Voluntariado da Universidade de Vigo, tanto para promocionar a asistencia de fisioterapia como a propia Facultade e o seu alumnado.

Para levalo a cabo conta coas Unidades de Fisioterapia, organizadas por un coordinador de Unidades de Fisioterapia e operando baixo un Procedemento de Coordinación de ditas unidades.

Co propósito de manter a calidade dos servizos prestados e garantir unha asistencia acorde a cada evento nas unidades de voluntariado, elaborouse unha normativa que regula estas colaboracións e facilita, ás institucións que solicitan os nosos servizos, coñecer cales son as necesidades da prestación.

 

Peticións de colaboración aceptadas mediante Unidades de Fisioterapia - Curso 2016-2017
Data
Petición
Data
Realización
Organismo
Evento
CoordinadorAlumnos
06/07/2016 25/09/2016 Organizador Evento
Carreira Pedestre Concello de Moaña
Cristian García Bermúdez 5
06/09/2016 24/09/2016 Organización do Desafío Illas Cíes
Triatlón Medio Ironman de Vigo
Alexandre Fernández Docampo 5
08/09/2016 16/10/2016 O.A. I.M. de Deportes de Pontevedra
Medio Maratón Pontevedra CaixaBank 2016
José Manuel Pazos Rosales
Yoana González González
Alejandra Alonso Calvete
12
16/09/2016 05/10/2016 Concejalía deportes del Excmo. Ayuntamiento Baiona
Maratón de Montaña Serra da Groba 2016
Jesús Fernández Gómez 7
14/10/2016 20/11/2016 Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra
IV Carrera Solidaria por la Esclerosis Múltiple
Susana (AVEMPO) 10