Facultade de Fisioterapia

Plan de Autoprotección

A lexislación española, que se cita máis adiante, establece a necesidade de que os titulares de determinadas actividades, en función das súas características adopten as medidas necesarias para previr as posibles situacións de emerxencia que poidan suceder, así como para establecer os criterios de actuación en caso de que algunha desas emerxencias poida chegar a producirse.

De acordo con esta obriga, redáctase o Plan de Autoprotección para a Facultade de Fisioterapia, situada no Campus Universitario A Xunqueira, Pontevedra (España).

Para a elaboración deste Plan tívose en conta a Norma Básica de Autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia, en diante norma Básica de Autoprotección (R.D. 393/2007 do 23 de marzo de 2007.


Obxectivos


O obxectivo principal do presente Plan é previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens e dar resposta axeitada ás posibles situacións de emerxencia, na zona baixo responsabilidade do titular da actividade, garantindo a integración destas actuacións co sistema público de protección civil.

Tamén son obxectivo deste Plan

  • A descrición do establecemento, potencial. as súas instalacións e os sectores ou zonas de risco
  • Identificar, analizar e avaliar os riscos propios e os externos.
  • Establecer formas de colaboración co sistema público de Protección Civil.
  • Garantir a fiabilidade das instalacións e dos medios de protección.
  • Garantir a dispoñibilidade de persoas formadas e preparadas para unha rápida e eficaz actuación.
  • Garantir a intervención inmediata, a evacuación e/ou confinamento (en caso necesario).
  • Facilitar as inspeccións dos Servizos da Administración.
  • Garantir a intervención da Axuda Externa.
  • Previr dos posibles sucesos adversos a todas aquelas actividades, centros, establecementos, espazos, instalacións e dependencias recollidos no anexo I que poidan resultar afectadas por situacións de emerxencia.
  • Identificar os medios de protección existentes e necesarios para mitigar os posibles sucesos. (humanos e materiais).
  • Organizar os medios humanos e materiais, e planificar as súas obrigas.
  • Cumprir a normativa vixente.

Documentación

Directorio de Comunicación
Avaliación de Riscos Laborais
Protocolo de actuación ante sinistros (23/05/2016)
Actuación dos equipos en situación de emerxencia
Puntos de encontro: Facultade de Fisioterapia | Campus de Pontevedra
Planos de percorrido de evacuación: Planta baixa | Planta primeira | Planta segunda