Facultade de Fisioterapia

Infraestruturas e Recursos Materiais

Na seguinte táboa inclúense as aulas dispoñibles para as clases teóricas, cada unha con capacidade para 60 alumnos e equipadas con pizarra, pantalla de proxección, ordenador, canón de video, retroproxector e unha camilla hidráulica.

A aula de informática ten capacidade para 24 persoas. Está equipada con 21 ordenadores, 2 impresoras láser e escáner.

A aula de Audiovisuais conta con capacidade para 26 alumnos. Está equipada con televisión, equipo de video, dvd, dvdgrabador, proxector de diapositivas e proxector de opacos.

 

Aulas e Seminarios
Nome Ubicación Capacidade
Aula 1 1º Andar 60 postos
Aula 2 1º Andar 60 postos
Aula 3 2º Andar 60 postos
Aula Audiovisuais 1º Andar 26 postos
Aula Informática 2º Andar 24 postos

Sala de Xuntas

A Facultade de Fisioterapia dispón dunha sala específica para reunión, ubicada no primeiro andar e dotada de mobiliario e equipo de proxección. A sala de xuntas ten unha capacidade de ata 25 persoas.


Despachos para equipo directivo

A Facultade de Fisioterapia conta con 3 despachos ubicados no primeiro andar destinados ao equipo decanal do centro.


Despachos de profesores

Os profesores con docencia na Titulación de Grao en Fisioterapia dispoñen de ata un total de 14 despachos ubicados en distintas dependencias do centro.

O listado de profesores e a súa localización pode consultarse no seguinte enlace.

A docencia práctica que se imparte no Grao en Fisioterapia desenvólvese de forma maioritaria nos múltiples laboratorios docentes que existen no Centro.

sala de estudo

A sala de estudos ten capacidade para 54 alumnos.

vigo

A Biblioteca central do Campus de Pontevedra ofrece os seguintes servizos:

  • Sala de Lectura
  • Dúas cabinas audiovisuais
  • Seis ordenadores de información
  • Rede WIFI

Horario

Luns a Venres 8:30h a 21:00h.


Extraordinario:

  • Noites de luns a venres durante as épocas de exames hasta as 03:00h.
  • Fin de Semana desde el Sabado 23 de Abril al Domingo 29 de Mayo en Horario de 08:00h a 22:00h.

Reducido:

  • luns a venres de Agosto 08:45h a14:20h, pechado por las tardes.

Sala de libre disposición para o estudantado

Esta sala, está ubicada na planta baixa e ten capacidade para 16 persoas.


Aula Magna

A Aula Magna, situada na planta baixa e con capacidade para 135 persoas, é utilizada para celebrar actos académicos e protocolarios, conferencias,...

Na seguinte táboa amósanse os servizos cos que conta o Campus de Pontevedra para o seu uso por parte dos seus membros (alumnado, PDI e PAS):

Nome Ubicación
Servizo de Reprografía Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Servizo cafetería e comedor Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Escola de Enxeñaría Forestal