Facultade de Fisioterapia

Igualdade e Diversidade

A Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo é responsable da incorporación transversal do principio de igualdade efectiva entre as mulleres e os homes en todos os ámbitos da comunidade universitaria. Ten a tarefa de promover medidas que garantan o acceso en igualdade de condicións á investigación e aos estudos universitarios, ao traballo e á promoción profesional das mulleres e dos homes na Universidade de Vigo, así como realizar o seguimento do desenvolvemento e cumprimento da lexislación e dos plans e medidas que se adopten na materia. Para fomentar estes principios e levar a cabo esta tarefa nos centros e nas actividades que se desenvolven neles, hai Enlaces de Igualdade, persoas responsables, en cada centro, de coordinar e enlazar a Facultade e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

Por outra banda, a Universidade de Vigo dispón de varios programas que procuran a integración total das persoas con necesidades educativas específicas, tanto no ámbito académico como no laboral, de cara á inserción de persoas con necesidades educativas específicas e á integración plena do estudantado na vida universitaria. Esta atención á Diversidade está promovida pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais. Tamén existe un Enlace de Diversidade en cada facultade.


Igualdade e Diversidade na Facultade

Na Facultade de Fisioterapia promovemos a concienciación e a posta en escea da igualdade real para todas as persoas, tanto no que respecta a mulleres e homes, como no que respecta a persoas diferentes.

Só coa participación en igualdade de todas as persoas que formamos parte da comunidade universitaria, poderemos ter un contorno máis xusto.

 

Enlace de Igualdade e Diversidade

Mª Lourdes Maceiras García

Facultade: 986 801 750 | Decanato: 986 801 752