Facultade de Fisioterapia

Sistema de Garantía Interna de Calidade

O Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) da Facultade de Fisioterapia ten como obxectivo regulamentar e realizar o seguimento de aquelas accións relacionadas co control da calidade no Centro. O seu deseño foi validado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) con data de 26 de abril de 2010.

26/04/2010 - Informe final de avaliación do deseño do SGIC

A partir dese momento, coa implantación do SGIC despregaronse e implantaronse a maior parte dos procedementos, así como se puxeron en marcha as distintas accións que derivan da súa aplicación, dándoos a coñecer a todos os grupos de interese.

No curso académico 2013-2014, o SGIC da Facultade de Fisioterapia presentouse voluntariamente ao programa FIDES-AUDIT para a certificación da implantación do SGIC na 2ª convocatoria realizada pola ACSUG. Tras a segunda visita do equipo auditor, recibiuse un informe final desfavorable o 23 de xullo de 2015. A pesar do resultado, este proceso ten servido ao Centro e á Comisión de Calidade para detectar cales son os seus puntos febles, levaron a poñer en marcha procedementos que estaban pendentes e permitiu proceder á súa mellora e, con iso, reverter a valoración efectuada sobre o SGIC na próxima ocasión na que o centro participe no proceso de certificación.

certificado Fides Audit

A documentación marco do SGC da Facultade de Fisioterapia é: