Facultade de Fisioterapia

Rendemento Académico Excepcional

A Comisión Académica da Facultade de Fisioterapia en sesión do 23 de xullo de 2015 aproba a estimación de rendemento académico excepcional a aqueles alumnos con nota media de expediente superior ou igual a 8. As solicitudes para cursar materias optativas a maiores serán estudadas pola Comisión en función da demanda.

Curso 2016-2017


Establécese como prazos para presentación de solicitudes no curso 2016-2017:

  • 1º prazo: do 15 ao 19 de setembro de 2016.
  • 2º prazo: do 25 ao 30 de xaneiro de 2017.