Facultade de Fisioterapia

PAT do Grao en Fisioterapia

O Plan de Acción Tutorial (PAT) da Facultade de Fisioterapia recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do alumnado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.

Supón superar o modelo especificamente académico, só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo en que conflúen ademais funcións socio educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-alumno/a, alumno/a-alumno/a etc.; apóstase, en definitiva, polo desenvolvemento persoal, ademais do académico.

INFORMACIÓN SOBRE O PAT

Mª del Rocío Abalo Nuñez

Coordinadora do Plan De Acción Titorial

+34 986 801 760


NORMATIVA DO PAT (Aprobada o 26/07/2013)
Anexo I | Anexo II | Anexo III | Anexo IVa e IVb | Anexo V

O PAT apunta directamente cara á garantía e á adecuación dos métodos de ensinanza, aprendizaxe e avaliación, á adquisición de competencias do alumnado, á atención á diversidade, á orientación á aprendizaxe etc., recollidos dunha forma ampla tanto nas memorias dos títulos como no sistema de garantía de calidade do centro.

A Facultade de Fisioterapia xa viña realizando diversas actividades que agora se contemplan agrupadas neste PAT, como era o Acto de benvida e a Mesa Redonda sobre Saidas Profesionais dende a posta en marcha da titulación no ano 1995, así como o Curso de Adapatación ao EEES e o Programa de Titorias Curriculares dende a posta en marcha do Plan piloto de adaptación ao EEES dende o curso 2005-2006.


Plan de Acción Titorial - Curso 2016-2017


Listaxe de asignación de titores
Listaxe de asignación de titores (Deportistas de Alto Nivel)

Informe de avaliación do PAT 2016-2017


Cursos Anteriores

Informe final do PAT: 2015-2016 | 2014-2015

Asignación de titores: 2015-2016 | 2014-2015 | 2013-2014 | 2012-2013 | 2011-2012 | 2010-2011 | 2009-2010

Asignación de titores (Deportistas de Alto Nivel): 2015-2016 | 2014-2015 | 2013-2014 | 2012-2013 | 2011-2012