Facultade de Fisioterapia

Perfil de ingreso

Considerase como perfil de ingreso base, no referido a capacidades, coñecementos, e habilidades de partida, o do nivel de bacharelato. Asi mesmo, debemos sinalar que aqueles que rematen os seus estudos deberán demostrar competencia profesional nos diferentes campos de actuación dun fisioterapeuta, o cal expresarase mediante coñecementos, habilidades e actitudes en actividades de promoción, mantemento, prevención, protección e recuperación da saúde.

Por iso, entrando xa a un nivel máis concreto, sería recomendable que quenes queiran iniciar os estudos de Grao en Fisioterapia teñan as seguintes características:

  • Coñecementos básicos sobre morfoloxía e fisioloxía humanas.
  • Capacidades sensoriais e perceptivas ligadas ao campo de coñecemento.
  • Habilidades motrices básicas manuais e para o manexo de ferramentas e instrumentos, así como para actuar sobre outros con ditas ferramentas e instrumentos ou coas súas mans.
  • Habilidades sociais básicas e sensibilidade para a interacción cos demáis.
  • Capacidade para adaptarse aos cambios.
  • Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
  • Capacidade de análise, síntese e razoamento crítico.
  • Compromiso ético na súa actuación.