Facultade de Fisioterapia

Apoio ao estudante

A Universidade de Vigo conta cós seguintes sistemas de apoio e orientación dos estudantes unha vez matriculados:

Ademáis dos servizos universitarios antes mencionados, a Facultade de Fisioterapia dispón dos seguintes mecanismos de apoio e orientación aos alumnos matriculados nos estudos de Grao:

Dentro dos procedementos de acollida e actividades de orientación, ao comezo de cada curso escolar organizanse as seguites actividades:


ACTO DE BENVIDA

Dirixido ao novo alumnado, neste acto ofreceselles información xeral de carácter académico que os oriente sobre o desenvolvemento dos seus estudos e información básica útil durante a súa vida como estudante: estrutura organizativa do centro e da universidade, sentido e estructura dos estudos, funcionamento dos distintos servizos e infraestruturas (biblioteca, laboratorios, aulas, material á súa disposición, etc.), tamén se realiza unha visita ao centro por grupos, e se lles facilita a ubicación dos Servizos Centrais do Campus.


CURSO DE ADAPTACIÓN AO EEES

Organizase nas dúas primeiras semanas de inicio do curso. Consta de dous bloques:

  • O primeiro organizase conxuntamente coa Biblioteca do Campus de Pontevedra, onde os temas básicos dos que consta son: accesibilidade, organización dos fondos bibliográficos, sistemas de busca en arquivos, sistemas de peticións de títulos, buscas bibliográficas.
  • O segundo bloque consiste en: lectura e resumo de artigos de divulgación e manexo de programas ofimáticos elementais.

As titorías curriculares teñen como obxectivo xeral orientar ao alumnado durante a súa estancia na Universidade; para iso o centro asigna un titor a cada alumno/a.


PROCEDEMENTO

Reunión co profesorado para informar sobre as Titorias curriculares e a figura do profesor titor.

Establecese a figura de Coordinador de titores coas seguintes funcións:

  • Solicitar ao profesorado que indiquen a súa disposición para ser titores.
  • Una vez obtida a relación de profesores titores e a matrícula do alumnado de novo ingreso, proceder á asignación de titores e comunicárllela aos titores.
  • Convocar as reunións dos titores (realizaráse como mínimo unha ao finalizar o curso, co obxecto de poñer en marcha accións de mellora.
  • Realizar o informe anual do Programa de Titorías.

INFORMACIÓN PARA OS TITORES E ALUMNOS

A Titoría Curricular está desglosada en tres apartados e en cada un deles as accións de forma orientativa son:


Incorporación á Universidade:

  • Coñecer o Centro: orientarase sobre aspectos relacionados co funcionamento do Centro, a Administración, a Xunta de Centro, a súa composición e funcións, as diversas Comisións, a Delegación do alumnado e a súa participación no seu funcionamento.
  • Coñecer o Departamento: Composición e funcións, participación do alumnado.
  • Coñecer a titulación: Dar a coñecer o plan de estudos, a realización das prácticas no centro e das Estancias Clínicas.
  • Coñecer a Universidade: Dar a coñecer os órganos de goberno da Universidade, os servizos que presta: biblioteca, servizos deportivos, servizo de psicopedagoxía, as asociacións universitarias, etc.

Durante a súa estancia na Universidade:

  • Orientar sobre as materias optativas e o recoñecemento de créditos.
  • Orientación sobre o tempo de estudo e preparación de exames.
  • Dar a coñecer os programas de intercambio de alumnos.
  • Realizar un seguimento global do alumnado ante as dificultades que se lle podan presentar.

Al final de los estudios:

  • Orientarlo sobre os Cursos de Posgrao e Formación continuada.
  • Orientarlo sobre as saídas profesionais.

TEMPORALIZACIÓN

  • Reunións en grupo ao inicio do curso.
  • Reunións individuais cando se solicite por unha das partes ou como mínimo unha vez ao cuadrimestre có obxectivo de valorar a marcha do cuadrimestre, planificar exames, etc.

Realizarase un informe sobre as actividades desenvoltas e a valoración do alumnado sobre o programa, có obxectivo de realizar accións de mellora.

A Facultade de Fisioterapia de Pontevedra desenvolve anualmente dende a súa implantación no curso 1995-1996 unha “Mesa redonda sobre saídas profesionais”, dirixida ao alumnado de último curso, onde se lles orienta en temas como a colexiación profesional, as oposicións ás que poden presentarse, cómo poder crear a súa propia empresa (pasos, tipos de sociedades, condicións, cuestións de mercadotecnia,…) e aspectos a ter en conta nunha entrevista laboral, así como á hora de realizar un curriculum vitae.

Coa finalidade de acadar unha mellor información sobre as ofertas de emprego, a Facultade de Fisioterapia puxo en marcha no ano 2008 un Plan de Oferta de Emprego, a través do cal se lle fai chegar ao alumnado egresado as ofertas de emprego que se reciben no centro.

Para iso, unha vez que o alumnado pague as taxas de expedición do titulo, pode cubrir en calquera momento a correspondente solictude do POE no Decanato, desta maneira e a través do correo electrónico se lle fan chegar todas as ofertas de emprego que se reciben no Centro ata que o egresado decida darse de baixa.


Solicitude POE